null Concesión administrativa demanial para a explotación do bar-cafetería do Centro Multiusos de Carreira

Concesión administrativa demanial para a explotación do bar-cafetería do Centro Multiusos de Carreira

Prazo de presentación de ofertas: ata 28/04/2025

1ª.  Presentación de forma electrónica, a través de SILEX (https://www.conselleriadefacenda.es/silex) no prazo de 30 días naturais desde a publicación da licitación no Perfil da Contratante-Plataforma de Contratación do Sector Público e conforme os requisitos técnicos establecidos na citada Plataforma. A licitación electrónica e a presentación de ofertas electrónicas implica que a documentación poderá enviarse en arquivos ou sobres virtuais, durante o prazo de presentación de ofertas, na Plataforma de Contratación do sector público, durante as 24 horas do día. Se o último día do prazo de presentación de ofertas resulta ser inhábil, prorrogarase o prazo ata o seguinte día hábil.

2ª.  Presentación en papel, a través do Rexistro Xeral do Concello de Ribeira no prazo de 30 días naturais desde a publicación da licitación no Perfil do Contratante do Concello de Ribeira- Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.

Se algún dos licitadores fixese uso da facultade de presentar as súas ofertas por correo, segundo o disposto no art. 80 do RGLCAP, deberá acreditar, co resgardo correspondente, a data de imposición do envío na oficina de correos e comunicar no mesmo día ao órgano de contratación, por correo electrónico (contratacion@ribeira.gal), a remisión da proposición. Sen a concorrencia de ambos os requisitos non será admitida a proposición no caso que fose recibida fóra do prazo fixado no anuncio de licitación. Con todo, transcorridos 3 días naturais desde a terminación do prazo, non será admitida ningunha proposición enviada por correo.

A superficie destinada a café-bar son 61,81m2 útiles (cafetería, barra, cociña, 
almacén-limpeza despensa). A zona das instalacións destinada cafetería carece de mobiliario, polo que a empresa adxudicataria deberá dotar do equipamento necesario o espazo para poder levar a cabo a actividade.
 

Documentos