null Aprobación definitiva ordenanza municipal reguladora do servizo de taxis na cidade de Ribeira

Aprobación definitiva ordenanza municipal reguladora do servizo de taxis na cidade de Ribeira

A presente Ordenanza, ten por obxecto a regulación do réxime xurídico aplicable ao servizo de taxi dentro do termo municipal do Concello de Ribeira.
Considéranse servizos de taxi, o transporte público e discrecional de persoas viaxeiras realizado por persoas físicas en vehículos de turismo que contan con signos distintivos de taxi  e que se realiza por conta allea mediante retribución económica suxeita a tarifa e dispoñendo dos correspondentes títulos habilitantes para a prestación do servizo.


No non previsto na presente Ordenanza ou nas súas disposicións complementarias, serán de aplicación directa as normas da Lei 4/2013 do 30 de maio e do seu Regulamento aprobado por Decreto 103/2018 do 13 de setembro de 2018; e supletoriamente seguirase o Regulamento Nacional dos Servizos Urbanos de Transportes en Automóbiles Lixeiros,
aprobado por Real Decreto 763/1979, do 16 de marzo, e as súas modificacións aprobadas por Real Decreto 1080/89 de 1 setembro, e Real Decreto 236/1983, do 9 de febreiro.

Documentos