null Presentación da I Milla Día da Hispanidade
Presentación da I Milla Día da Hispanidade
Whatsapp: Presentación da I Milla Día da Hispanidade


Ribeira 30 de setembro de 2014
Hoxe presentouse unha nova carreira para engadir ao dinámico calendario de
citas deportivas que temos no municipio; a “I Milla día da Hispanidade”

Á presentación compareceron o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones, o
concelleiro de mar, Fernando Abraldes, e a responsable do Club El Canario, Clara
Millares.

Terá lugar o sábado día 12 de outubro, dende as 17 horas ó longo da avda. do
Malecón en Ribeira. O percorrido é totalmente chairo nun circuíto de ida e volta
de iguais dimensións sobre o que iranse cubrindo as distancias de cada unha das
categorías. Haberá categorías tanto masculinas como femininas.

Furones e Abraldes animaron a toda a veciñanza a participar e agradeceron o
traballo que están facendo dende o GAEM e a Policía local.

As inscricións faranse a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo,
rematando o prazo ás 23.59 horas do domingo 6 de outubro. Os dorsais poderán
retirarse o mesmo sábado no mesmo lugar ata media hora antes da proba. O
custe da inscrición é de 5 euros a partir de Sub16 incluída ata Master4. E de
balde o resto das categorías.

Documentos