Funcións:
- Orientar e asesorar á mocidade de Ribeira, garantindo que toda a poboación xuvenil do Concello teña acceso a unha información ampla, obxectiva e actualizada en relación aos seus intereses e necesidade.
- Organizar, xestionar e promover programas e actividades formativas no marco da educación non formal orientadas a facer efectivas a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento integral da mocidade a nivel formativo, laboral, familiar, etc.
- Organizar actividades de ocio e tempo libre.
- Organizar actividades para mellorar a calidade de vida da mocidade e fomentar o deporte, o ocio saudable, a educación en valores, a igualdade, interculturaliadade, violencia de xénero,...
- Favorecer a participación da mocidade na vida social e comunitaria, a través de grupos informais e asociacións xuvenís.
SERVIZOS E PROGRAMAS:
- Actividades e campamentos de verán doutras entidades.
- Campamentos do Concello de Ribeira.
- Voluntariado Xuvenil e Campos de Voluntariado.
- Carné Xove.
- Cursos de monitor/a en actividades de tempo libre.
- Festa da mocidade.
- Información sobre axudas e subvencións.
- Iniciativa Xove.
- Organización de obradoiros.
Responsable municipal: Juana Mª Brión Santamaría.
Responsable técnico: Mario Vidal Villar, técnico de xuventude e información xuvenil.