Praia de entorno urbano no sur do núcleo de Corrubedo. Con forma de enseada, a metade do areal está resgardada polas casas da vila e a outra parte conta con vexetación baixa e un antigo secadoiro de peixe. Con augas tranquilas, a praia é axeitada para a pesca con cana e para o fondeo de embarcacións deportivas.

Lonxitude da praia: 270 metros
Anchura media: 25 metros
Ondada: pouca
Tipo de area: branca e fina
Ocupación tempada estival: Tranquila
Servizos: Papeleiras | Servizo de Limpeza | Duchas | Zona de Fondeo | Aseos