Esta praia con forma de enseada atópase no núcleo urbano de Palmeira e está rodeada por un amplo campo dunar protexido, considerado o mellor conservado da Ría da Arousa, con vexetación propia dos ecosistemas costeiros. Nela desemboca o río Esteirón, que actúa como fronteira co municipio veciño da Pobra do Caramiñal.

De branca area fina e augas limpas e tranquilas, A Corna é perfecta para gozar dunhas fantásticas vistas da ría da Arousa case no seu tramo final, camiñando polo seu extenso paseo marítimo ao longo de toda a praia ou desde embarcacións de recreo.

Lonxitude da praia: 600 metros no concello de Ribeira, 1.500 coa parte da Pobra do Caramiñal
Anchura media: 12 metros
Ondada: tranquilo
Tipo de area: area de cor branca e gran fino
Ocupación tempada estival: alta
Servizos: Servizo de Limpeza | Deportes Acuáticos | Accesibilidade Persoas Mobilidade Reducida | Sinalización | Teléfono Público | Aseos Persoas Mobilidade Reducida | Duchas | Equipo de Salvamento | Posto de Socorro | Aparcamentos | Papeleiras | Aseos | Zona de Fondeo | Cadeiras Anfibias | Auga Potable