O Castro e A Catía forman xuntas un precioso areal refuxiado e de entorno urbano de 1,25 km de area branca e fina no núcleo de Aguiño, ao sur de Ribeira e na cara interior da Ría da Arousa. Ao norte, no límite con Castiñeiras, hai unha antiga salgadura e un secadoiro de peixe.

A pesar de ser unha praia con vento, as súas augas adoitan ser tranquilas e axeitadas para o baño. A zona é moi recomendable para a práctica de pesca submarina, pesca con cana ou windsurf.

Lonxitude da praia: 1250 metros
Anchura media: 15 metros
Ondada: tranquila
Tipo de area: de cor branca e gran fino
Ocupación tempada estival: alta
Servizos: Duchas | Auga Potable | Aseos | Posto de Socorro | Sinalización | Equipo de Salvamento | Papeleiras | Teléfono Público | Deportes Acuáticos | Aparcamento | Zona de Fondeo | Servizo de Limpeza |