Natureza salvaxe con vistas ao xigante de area
Situada na parte máis atlántica de Ribeira, dentro do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Víxán, a escasos 2.000 metros das dunas e as lagoas, ás que poderemos acceder desde a propia praia. Desde este lugar de fina area branca teremos unha fantástica vista da gran duna móbil que se eleva por detrás. As condicións son óptimas para a práctica de deportes como o windsurf. Tamén é unha boa zona para a pesca con cana.
Lonxitude da praia: 1.350 metros
Anchura media: 40 metros
Ondada: moderada
Tipo de area: de cor branca e gran fino
Ocupación tempada estival: alta
Servizos: Sinalización | Posto de Socorro | Papeleiras | Aseos Persoas Mobilidade Reducida | Servizo de Limpeza | Zona de Fondeo | Deportes Acuáticos | Equipo de Salvamento