Augas tranquilas salpicadas por dornas
Próxima ao núcleo de Mosqueiros, no interior da ría, esta praia de contorna urbana, area fina e augas tranquilas ofrece unha estampa pintoresca e tradicionalmente mariñeira. Nun dos seus laterais conta cun pequeno embarcadoiro e as ‘dornas’ salpican a escena.
Dispón de accesibilidade peonil, en coche e en autobús.
Lonxitude da praia: 200 metros
Anchura media: 15 metros
Ondada: tranquila
Tipo de area: branca e de gran fino
Ocupación tempada estival: media
Servizos: Deportes Acuáticos | Posto de Socorro | Papeleiras | Zona de Fondeo | Aseos | Aparcamento | Servizo de Limpeza | Equipo de Salvamento | Teléfono Público | Auga Potable | Duchas