A xoia megalítica

O Dolmen de Axeitos, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) e tamén coñecido como Pedra do Mouro, é unha das principais manifestacións megalíticas atopadas en Galicia e un dos primeiros atractivos turísticos do concello ribeirense. O impresionante túmulo está coroado por unha gran lousa e formado por sete ortostatos verticais que completan a cámara funeraria, precedida por un corredor delimitado así mesmo por dúas pedras laxas.

No interior asoman dous gravados con motivos xeométricos ou antropomórficos e no exterior atopáronse evidencias da representación de ídolos, como pequenas esculturas compostas con pelouros.

Axeitos, parroquia de San Martiño de Oleiros
Accesibilidade: Practicable para persoas con mobilidade reducida e discapacidade
686587000 / 981873007