A conexión lúdica co mar
O porto de Ribeira conta na súa zona norte con instalacións suficientes para ser un referente da náutica deportiva e o turismo náutico en Galicia. O edificio-sede do Club Náutico de Ribeira, inaugurado en 2001, é o eixo de múltiples actividades. Actualmente existen neste porto un total de 239 prazas de amarre para embarcacións deportivas. Ten un acceso cómodo e sen interferencias co resto de actividades portuarias. Completa a conexión social de Ribeira co seu mar e ría máis alá das vertentes puramente económicas.
avenida del Malecón, Santa Uxía de Ribeira
981874739 / 648187170