O pulmón comercial
Nun moderno edificio situado na fronte marítima de San Uxía de Ribeira emerxe a praza de abastos municipal. O proxecto naceu coa firme intención de que este mercado exercera de motor comercial e social da vila. Na planta baixa operan máis dunha vintena de postos de pescado, carne, froitas e conxelados. O segundo piso ideouse para a venda de produtos non perecedoiros. As plantas superiores deseñáronse para actividades complementarias e xa acolleron un innovador programa de dinamización xuvenil impulsado polo Concello. Ten unha ampla terraza aberta que permite gozar dunhas excelentes vistas da Ría da Arousa.
avenida do Malecón, Santa Uxía de Ribeira