Voluntariado

O Concello de Riveira ofréceche a posibilidade de adquirir unha gran experiencia como voluntario a través do Programa de voluntariado social.

¿Qué é o voluntariado social?

De acordo coa Lei de acción voluntaria de Galicia, enténdese por voluntariado social a toda aquela acción que, de forma altruísta, levan a cabo diferentes persoas en beneficio da comunidade.

Os voluntarios poden colaborar de xeito continuado  nos programas de voluntariado participando como mínimo de 2 a 3 horas semanais nas actividades propostas polas entidades sociais ou participando de forma esporádica.

Normativa en materia de voluntariado:

  • Lei 10/2011 do 28 de Novembro de Acción Voluntaria (DOG núm. 242 do 21 de decembro de 2011)
  • Decreto 38/2014 do 20 de Marzo polo que se regula o Consello Galego de Acción Voluntaria (DOG núm. 65 do 3 de abril de 2014)
  • Orden do 14 de Marzo de 2014 pola que se regula o Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia (DOG núm. 55 do 20 de marzo de 2014)

¿Quén pode ser voluntario?

Todas aquelas persoas que:

  • Teñan cumpridos os 18 anos ou 16 (con autorización paterna)
  • Motivación pola labor que desenrola
  • Responsabilidade
  • Dispoñibilidade de tempo para levar a cabo a súa acción voluntaria

¿Por qué facerse voluntario?

  • Esta práctica pode ampliar as túas oportunidades laborais
  • Permite adquirir experiencia
  • Amplía a túa rede de contactos
  • Obtén unha certificación das experiencias voluntarias nas que participaches.

De acordo co artigo 17 da Orde do 14 de marzo de 2014 pola que se regula o Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia,por petición das persoas voluntarias interesadas, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado expedirá certificados de experiencias voluntarias que reflectirán as accións voluntarias desenvolvidas por estas con carácter global, en todas as entidades de acción voluntaria en que colaborasen e en todos os programas de voluntariado desenvolvidos pola Administración autonómica en que participaran.

 ¡XA SABES!

Se queres obter unha certificación das experiencias voluntarias nas que participaches podes solicitala no momento que desexes. Na páxina web www.voluntariadogalego.org atoparás un modelo de solicitude, así como o impreso para o pagamento das taxas correspondentes.

¿En qué se pode colaborar?

No ámbito de:

  • Minorías Culturais
  • Inclusión Social
  • Atención á diversidade
  • Cooperación
  • Cultura/Educación
  • Maiores
  • Menores
  • Saúde
  • Saúde mental
  • Deporte

¿Cómo podes ser voluntario/a?

Éstes son os pasos a seguir si queres ser voluntario/a do Concello de Riveira:

  1. Chama ao 981874131 para concertar unha cita ou acércate ó Departamento de Servizos Sociais de Luns a Venres en horario de 9:30 a 13:30 para informarte de cómo é a metodoloxía de actuación do programa.
  2. Entrega persoalmente nas nosas oficinas a túa ficha de inscripción firmada, a copia do DNI/NIE ou pasaporte.
  3. Solicita as actividades de Voluntariado nas que máis te interese participar.

Documentación necesaria: