Datas: 14,15,16 e 21 de abril de 2025
Horario: Actividades de dende as 08:30 h e recollida ata as 16:30 h.
Participantes: 40
Lugar de celebración: CEIP O GRUPO e outros espazos da contorna.
Destinatarios: Nenos e nenas nados de 2021 a 2013 -escolarizados e sen cueiro-.
Prazos e forma de presentación de solicitude:
Ábrese un prazo de preinscrición do 01 de abril ao 08 de abril (incluídos os dous).
As solicitudes faranse a través do Rexistro Xeral do Concello de Ribeira:
• De maneira presencial nas instalacións de servizos sociais – Praza oito de marzo 2c
baixo (edificio residencial Padin ), atención ao público de 9.00 h a 14.00 h, presentando
a ficha de inscrición cuberta, folla de autorización e a copia do DNI de quen vaia participar
e do pai/nai/titor.
• De forma telemática (necesario certificado dixital) a partir das 9:00 h do primeiro día de
prazo a través da web www.ribeira.gal no seguinte apartado –sede electrónica – trámites
destacados – solicitude da actividade. Deberase tramitar a solicitude de carácter xeral e
axuntar a ese procedemento a ficha de inscrición cuberta, folla de autorización asinada,
copia do DNI do participante e do pai/nai/titor así como o resto da documentación
obrigatoria.
Documentación OBRIGATORIA necesaria para realizar a solicitude e xuntar á solicitude:
· Ficha de inscrición debidamente cuberta (Anexo I).
· Autorización de participación debidamente cuberta (Anexo II).
· DNI ou folla do libro de familia correspondente ao participante.
· DNI do pai/nai/titor responsable.
· Certificado de empresa (si corresponde, de cada proxenitor) ou declaración responsable
no caso de autónomos, para ter en conta o criterio da prioridade na admisión (se non se presenta coa solicitude non se terá en conta e non poderá ser emendado cara ao criterio
de prioridade na admisión).
· Deberá presentar ademais copia da documentación acreditativa: título de familia numerosa, certificación de familia acolledora, certificación de discapacidade, certificación de monoparentalidade, acreditación de desemprego de longa duración, etc.
Listaxes de admisión e agarda:
As listaxes de admisión, agarda e vacantes publicaranse o 10 de abril. As listaxes publicaranse
na páxina web do Concello de Ribeira, www.ribeira.gal e taboleiro de web. Tendo en conta a protección de datos de carácter persoal, na lista publicarase o nº de rexistro de entrada da solicitude.
Se quedasen solicitudes en agarda iranse cubrindo as baixas por orde de inscrición segundo a
listaxe de espera. Nestes casos o departamento de servizos sociais contactará previamente co
solicitante para comunicarlle dita circunstancia.
Se quedasen prazas vacantes dispoñibles, poderanse facer novas inscricións dos xeitos
anteriormente citados nos prazos a determinar pola Concellería de servizos sociais, sendo
cubertas as vacantes por rigorosa orde de solicitude.