Novas

I Xornadas interprofesionais para o Botrato á infancia no marco da LOPIVI. Concello de Ribeira
Whatsapp: I Xornadas interprofesionais para o Botrato á infancia no marco da LOPIVI. Concello de Ribeira

POR QUE É IMPORTANTE QUE VEÑAS?

Porque no noso concello queremos...

  • Mellorar as competencias profesionais para a aplicación da LOPIVI (Lei Orgánica 8/2021, de 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia) e para a implementación das novas figuras que introduce esta Lei:

Coordinadora de Benestar nos centros educativos.

Delegada de Protección nas Entidades de deportivas e de ocio e tempo libre.

  • Sensibilizar, asesorar e dotar de ferramentas profesionais para a prevención e detección precoz de toda forma de violencia contra a infancia.
  • Establecer mecanismos de cooperación interinstitucional para mellorar a coordinación dos axentes locais implicados coa infancia, a través do traballo en rede.
  • Favorecer un espazo de encontro, reflexión e aprendizaxe para a xeración de Entornos Comunitarios Protectores para a Infancia e Adolescencia.
  • Crear unha Mesa local de Infancia e Adolescencia entre as persoas asistentes que queiran participar. O ideal sería poder contar como mínimo cunha persoa representante de cada ámbito.

E para todo isto precisamos da túa axuda.

 

CANDO?

26 e 27 de novembro 2024. 

ONDE?

Na Casa da Xuventude de Ribeira. Avenida da Constitución S/N.

 https://bit.ly/4hzCmGu

PARA QUEN?*

Profesionais que traballen directamente coa infancia: Ámbito sanitario, educativo, social, xudicial, ocio e deportes, forzas e corpos de seguridade.

*A adxudicación de prazas realizarase por rigorosa orde de inscrición. Terán preferencia as persoas que se inscriban nas dúas sesións e que traballen no ámbito municipal de Ribeira. A orde de prioridade será a seguinte:

  1. Profesionais que traballen no municipio de Ribeira, educadoras/es dos SEAF dos concellos de Pobra do Caramiñal, Boiro, Porto do Son, Noia e Rianxo, traballadoras/es do CAD de Pobra do Caramiñal.
  2. Profesionais doutros Concellos de Galicia

TEÑO QUE PAGAR?

Non. As Xornadas son TOTALMENTE GRATUÍTAS.

Expedirase certificado de asistencia de 10 h de formación.

COMO ME INSCRIBO?

Abrir o formulario noutra lapela:

 https://bit.ly/3YRwVvf

 

QUE CONTIDOS TRATAREMOS EN CADA SESIÓN?

 

MARTES 26 DE NOVEMBRO

 

SESIÓN 1. Maltrato infantil e formas de violencia contra a infancia: Tipoloxía, indicadores e modos de afrontamento.

Inma Araujo López. Psicóloga

  • Detección: Indicadores para a detección dos distintos tipos de violencia contra a infancia.
  • Prevención: Ferramentas para a prevención da violencia contra a infancia dende os diversos ámbitos.
  • Intervención: Acompañamento á/ó menor e intervención profesional segundo o ámbito de actuación. Acompañamento familiar e regulación do entorno da/o menor. Coordinación en rede de profesionais implicadas/os.

SESIÓN 2. LOPIVI. Aspectos legais, notificación e denuncia. Exempos Prácticos. Novas figuras: Coordinador/a de Benestar e protección en centros educativos e Delegado/a de Protección.

Aida Blanco Arias. Avogada

  • O deber de comunicar. Implicacións legais.
  • Lei Orgánica 8/2021, de 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia: Dereitos das/os menores e a súa aplicación no ámbito sanitario, educativo, deportivo e dos Servizos sociais.
  • Novas figuras que introduce a LOPIVI:  Coordinador/a de Benestar e protección en centros educativos e Delegado/a de Protección.

 

MÉRCORES 27 DE NOVEMBRO

 

Begoña Ruíz Ibañez. Psicóloga e Educadora social.

SESIÓN 1. Modelo de entornos comunitarios protectores para a infancia. Ferramentas de Mapas de Riscos de Violencia e traballo en rede.

  • Implicacións da LOPIVI, a súa estratexia nos plans locais para a Infancia e Adolescencia e o traballo en rede. 
  • Concepto de Entorno Seguro Comunitario para a Infancia e Adolescencia e os seus indicadores. 
  • Fórmulas e condicións para un traballo en rede eficaz.
  • O Mapa de Riscos como unha ferramenta de traballo para as organizacións e as comunidades.

 

SESIÓN 2. Experiencias e boas prácticas na construción comunitaria de entornos protectores para a infancia.

  • Mesas de Infancia e Adolescencia en municipios.
  • Comisións de Dereitos da Infancia, LOPIVI ou de Protección.
  • Proxectos de formación e xeración de protocolos preventivos e de acción ante a violencia compartidos dende un traballo en rede.
  • Programas de prevención e detección precoz con inclusión de ferramentas e aplicacións.
  • Fórmulas de participación de NNA en Consellos de Infancia e proxectos de vida comunitaria nos municipios.
  • Programas de colaboración entre ámbitos para a sensibilización sobre la protección á Infancia e Adolescencia fronte a violencia.

 

SESIÓN 3. Estratexias e plans de acción para o impulso do traballo en rede interprofesional na protección á infancia. Mesas de Infancia e Adolescencia.

  • Traballo en rede dende os Plans Municipais para a Infancia e Adolescencia.
  • Mapeo de recursos e axentes en Protección á Infancia e Adolescencia.
  • Motivación e detección de necesidades para a posta en marcha de espazos de traballo en rede como as Mesas de Infancia e Adolescencia.
  • Contidos e formas de funcionamento das Mesas de Infancia e Adolescencia.
  • Identificación de puntos críticos para o desenvolvemento dos espazos de Mesas (espazos físicos, competencias das/os axentes, coordinación e liderazgo).
  • Inclusión da participación da Infancia e Adolescencia nas Mesas.

 

SESIÓN 4. Conclusións e preparación das bases de traballo en Rede para a creación da Mesa local de Infancia e Adolescencia do Concello de Ribeira.

 

 

PERFÍS PROFESIONAIS DAS FORMADORAS:

      INMA ARAÚJO LÓPEZ

Psicóloga sanitaria no Programa de Intervención con Adolescentes Alborada de Intervención con menores vítimas e vitimarios. Educadora social, Terapeuta Familiar e Medidora Familiar. Coordinadora do programa “Redes” de formación continua de profesionais do sistema de protección, servizos sociais e profesionais que interveñan con NNA. Creadora de ferramentas para a intervención en expresión de sentimentos e para a prevención do abuso sexual infantil (ASI). Coautora de libros especializados: “Problemas de conduta e resolución de conflitos na escola”, “Menores en crise: propostas de intervención e medidas reeducativas”. Formadora en temas relacionados coa adolescencia en conflito: trauma, maltrato e violencia sexual infantil, regulación emocional e intervención familiar. Coordinadora da Asociación AMINO Galicia e do Centro Arnela.

     AIDA BLANCO ARIAS

Licenciada en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, avogada especializada en violencia contra a infancia. Participou como poñente en diversos foros e seminarios locais e autonómicos, así como en Congresos Internacionais relacionados coa violencia infantil. Socia do Bufete Blanco Arias Abogados no que desenvolve a súa labor profesional como avogada de vítimas. Vicepresidenta da asociación AMINO Galicia.

BEGOÑA RUÍZ IBAÑEZ

Psicóloga e educadora social. Especializada en Entornos Seguros para a Infancia e Adolescencia e con formación en Intervención Sistémica Centrada en Solucións e Intelixencia Emocional VEC. Profesora do Postgrado de Protección e Bo Trato á Infancia no ámbito escolar e socioeducativo da Universidade do País Vasco. Profesora en cursos de extensión universitaria coa UNED relacionados coa Infancia e Adolescencia. Con 25 anos de experiencia en Bidegintza S.Coop. como Educadora Social en programas para a sensibilización, prevención e intervención socioeducativa para a Protección á Infancia, Parentalidade Positiva e Comunidades para o Botrato dentro ou en relación co ámbito dos Servizos Sociais, centros socioeducativos, colexios, AMPAS e redes para os Dereitos da Infancia, Entornos Seguros, Resiliencia e Bo Trato. É a Delegada de Protección á Infancia da súa entidade. Colabora en diferentes revistas e medios divulgativos sobre psicoloxía, educación, psicomotricidade, protección á infancia, crianza e outras. Máis información en Linkedin.

Documentos