Novas

Novos cursos do departamento de Servizos Sociais vinculados á dependencia e á axuda ao fogar máis o balance das inscricións dos novos obradoiros
Whatsapp: Novos cursos do departamento de Servizos Sociais vinculados á dependencia e á axuda ao fogar máis o balance das inscricións dos novos obradoiros

Ribeira 2 de setembro de 2014


O tenente de alcalde, Vicente Mariño xunto cas técnicas responsables do
departamento de Servizos Sociais, presentaron dous novos cursos vinculados á
dependencia e a axuda ao fogar; ademais deron conta das inscricións nos
obradoiros para persoas maiores presentados o pasado 31 de agosto e que
darán comezo o vindeiro 7 de outubro.

Mariño presentou un primeiro curso presencial de “Prevención de riscos
laborais en tarefas de atención directa a persoas con dependencia e axuda no
fogar”
co obxectivo de proporcionar unha formación específica ás persoas
traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos
laborais coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia,
mellorar a calidade do traballo destas tarefas de especial risco e sensibilizar na
importancia da prevención para diminuír os accidentes laborais. As datas dos
cursos serán o 19 e 26 de outubro e 9 e 16 de novembro de 2024 de 09.00 a
13.00
horas nas aulas de formación Cristóbal Colón (rúa Cristóbal Colón s/n
Ribeira).


As solicitudes para as 15 prazas do curso efectuaranse utilizando o formulario do
departamento de Servizos Sociais
. O prazo para presentar as solicitudes será a
partir de mañá xoves día 3 de outubro ata o 11 do mesmo mes. As solicitudes
presentaranse no departamento de Servizos Sociais de maneira presencial.

Máis información: https://bit.ly/3ZKwqUR 

Vicente Mariño presentou un segundo curso “O servizo de axuda no fogar
acompañamento e asistencia persoal”
un curso moi demandado, salientou o
tenente de alcalde “xa é o terceiro curso que presento dende que estou nesta
concellería; a dependencia é un nicho onde hai moita demanda de emprego e
recomendo e animo a tódalas aquelas persoas que queiran traballar neste
campo, que se vaian a anotar“, os obxectivos do mesmo son aplicar o modelo de Atención Integral e Centrado na Persoa, identificar os principios e dereitos que
rexen ou modelo para aplicalos en domicilios e atender e acompañar de forma
personalizada e flexible á persoa e proporcionándolle unha atención integral
continuada.

Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Formación teórica práctica: 20 horas
Horario de realización: de 09:00 a 14:00 horas
Días: sábados 23 e 30 de novembro e 7 e 14 de decembro
As inscricións estarán abertas do 4 ou 15 de novembro

 


 

Balance das inscricións dos obradoiros para persoas maiores

“O balance é moi positivo” segundo sinalou Mariño, “cabe sinalar o constante
aumento do total de inscricións pero destaca sobre maneira; o ascenso do
número de homes, isto apunta a que se está avanzando na desfeminización dos
obradoiros”.

O inicio das actividades dos obradoiros comezan o 7 de outubro, agás ximnasia
adaptada que inicia o 14 de outubro, nestes obradoiros inscribíronse un total de
382 persoas, isto conforma un total de 781 persoas nos obradoiros:

Aula sociocultural para maiores (estimulación da mente-memoria): 193
Enriquecemento educativo(reforzo):65 persoas,
Lingua e cultura galega: 47 persoas
Artes plásticas: 59
Ximnasia adaptada: 250 persoas
Taek-health: 119 persoas
Conversa en Inglés: 48 persoas (novo Obradoiro)

Incremento dun 20% con respecto ó curso 2023-2024 nos informan dende o
departamento de Servizo Sociais do concello de Ribeira.

 

Documentos