OBXETO:
Regular a concesión e convocar axudas económicas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares, que teñan lugar entre o 1 de xaneiro e o 10 de setembro de 2024
Para os efectos desta orde, entenderanse como períodos de vacacións escolares os seguintes:
-
Do 1 ao 7 de xaneiro.
-
Os días 12, 13 e 14 de febreiro.
-
Do 25 de marzo ao 1 de abril.
-
Do 22 de xuño ao 10 de setembro.
PERSOAS BENEFICIARIAS:
Os pais/nais e as persoas titoras de nenos e nenas de ata doce anos de idade, estes incluídos, ou as persoas que os/as teñan en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos, que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e se encontren nos supostos seguintes:
-
Que o neno ou a nena nacese o 1 de xaneiro de 2011 ou con posterioridade a esta data.
-
Que ambos os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, pais/nais con custodia non compartida ou proxenitor/a de familia monoparental estean traballando, no suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente do neno ou nena e/ou por necesidades en períodos de vacacións escolares. Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo en que esta se exerza efectivamente; nestes casos, cada pai/nai deberá presentar unha solicitude individual.
-
Cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
ACCIONS SUBENCIONABLES:
Para teren dereito ás axudas previstas nesta orde, as familias deberán acreditar encontrarse nun dos seguintes supostos:
a) Supostos de necesidades puntuais:
-
Enfermidade ou accidente do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual.
-
Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación que impidan a atención do neno ou nena.
-
Situacións puntuais de carácter laboral da persoa coidadora habitual que impidan a atención do neno ou nena.
-
Situacións puntuais de coidado de familiares, do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, sempre que impidan a atención do neno ou nena por parte da persoa coidadora habitual.
b) Necesidades en períodos de vacacións escolares que se producen cando os centros educativos están pechados por vacacións sempre que ambos os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, pais/nais con custodia non compartida ou proxenitor/a de familia monoparental non se poidan facer cargo da atención do neno ou nena por motivos laborais.
GASTOS SUBVENCIONABLES:
Os seguintes gastos derivados dos medios empregados para a atención de nenos e nenas de ata doce anos de idade, estes incluídos, nos supostos previstos no apartado anterior e realizadas entre o 1 de xaneiro e o 10 de setembro de 2024.
-
Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar de forma temporal para o coidado do neno ou nena.
-
Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio.
-
Asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade, en concreto, atención en ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia previstos na sección quinta do capítulo III do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.
-
Asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados por calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.
TIPO E CUANTIA DA AXUDA:
Consistirá nunha achega que pode acadar un máximo do 75 % do custo das actuacións previstas no apartado anterior e cun límite:
-
De 500 euros por unidade familiar no caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio.
-
De 200 euros por cada neno ou nena no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade ou a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
PRAZO:
Un mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG. Ata o día 17 de outubro de 2024.
Solicitude tramitación en liña BS412A dirixida ao departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da provincia onde teñan o seu domicilio.