O Concello de Ribeira conta cunha subvención da Consellería de Política Social e Xuventude, concedida en base á Orde do 6 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades locais para programas de emerxencia social e inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión social para os anos 2023 a 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco dos programas operativos FSE + Galicia 2021-2027, e se procede a súa convocatoria.
Os programas subvencionados que xa están en marchan son:
ÁREA DE MIGRACIÓNS:
- ASESORAMENTO XURÍDICO EN MATERIA DE ESTRANXEIRÍA: asesoramento técnico especializado en materias propias de estranxeiría e asilo a persoas en risco de exclusión ou situación de vulnerabilidade residentes en Ribeira.
- Obxectivo específico: promover a integración socioeconómica dos nacionais de terceiros países.
- Resultado agardado: facilitar a inclusión social e laboral da poboación migrante de Ribeira.
ÁREA DE SENFOGARISMO:
- PROGRAMA SEN RECUNCHOS: asesoramento e acompañamento social persoalizado encamiñado a mellorar as capacidades e habilidades das persoas sen fogar.
- PROGRAMA SENFOGARISMO CERO: Apoio na busca do recurso residencial máis axeitado en cada caso.
-
- Obxectivo específico destes dous programas: Fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos
- Resultado agardado: reducir a incidencia do senfogarismo no Concello de Ribeira
A estes Servizos profesionais accédese a través dunha valoración e derivación previa das traballadoras sociais municipais correspondentes a cada área.