Obxecto:
Atender as demandas e asesorar a persoas, colectivos, profesionais, asociacións e entidades que tra-ballan no ámbito da cooperación, solidariedade e voluntariado social.
Realizar actividades, proxectos e programas de promoción e reinserción social mediante convenio e/ou subvención co concello, ofrecer información dos recursos existentes e xestionar e tramitar os convenios e subvencións coas entidades para o desenvolvemento dos diferentes proxectos.

Informar e orientar a persoas e colectivos interesados para a participación en accións de voluntariado social que se desenvolven nos centros dependentes da Concellería de Servizos Sociais e nas entida-des sociais da cidade.

A quen vai dirixido?:
Persoas e colectivos interesados en participar en accións e actividades en materia de voluntariado social.
Entidades do terceiro sector que realicen proxectos de accións e actividades relacionados coa coope-ración e a solidaridade social.

Requisitos?: 
En materia de cooperación e solidariedade social, os requisitos establecidos en cada convocatoria anual.
En materia de voluntariado social formalizar o acordo/compromiso de colaboración.Este programa pretende contribuír, mediante o apoio a persoas voluntarias, asociacións, entidades e organizacións non gobernamentais (ONG), ao desenvolvemento de iniciativas solidarias, de volunta-riado social e de cooperación nos países en vías de desenvolvemento e na nosa comunidade , con especial atención aos colectivos máis desfavorecidos e con maiores necesidades sociais e ás persoas con discapacidade, persoas maiores , migracions etc…

Entidades coas que se colabora?

FONDO GALEGO DE COOPERACION 

 

 

 

 

Accións no marco deste programa: 

PROXECTO DE VOLUNTARIADO SOCIAL LOCAL.

COLABORACIÓN CO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN: Neste programa apoiase a cooperación e ponse en marcha a maquinaria da solidariedade, apoiando proxectos destinados a me-llorar as condicións de vida dos máis desfavorecidos.

PROXECTO DE VACACIÓNS EN PAZ: Este proxecto proporciona unha estancia agradable e gratificante aos nenos/as saharauí, vindo estes os dous meses de verán a Ribeira. Os nenos/as serán acollidos polas familias interesadas.

CONVOCATORIA PUBLICA SUBVENCIÓNS  a entidades de ambito local para proxectos de accion social.

ACTUACIONS EN MATERIA DE VOLUNTARIADO  en colaboración con entidades ou  dispo-sitivos de persoas maiores.

CONVENIOS NOMINATIVOS CON ENTIDADES PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVI-DADES DE

INTERESE SOCIAL con entidades de acción local: A CREBA, AMBAR, AMICOS, CARITAS RIBEIRA,

CRUZ VERMELLA, FAIBEN, AGAPE, ICE RENOVA-CION,AECC,  ASOCIACION GALEGA  DO POBO SAHARAUI…

Normativas 
DECRETO 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño.
•    Lei 10/2011 de Acción Voluntaria de Galicia
•    Lei 38/2003 , Lei xeral de subvencións
•    Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, Regulamento Xeral de Subvencións
•    Lei 9/2007 ,de subvencións de Galicia

https://fondogalego.gal/