Consellería de Política Social e Igualdade
Xefatura Territorial de A Coruña
112 Emerxencias Galicia www.112galicia.org
061 Emerxencias sanitarias 061.sergas.es
902 400 116 Asistencia sanitaria www.sergas.es
085 Bombeiros
Seguridade:
091 Policía Nacional www.policia.es
092 Policía Local
062 Guardia Civil www.guardiacivil.org
Información e axuda:
012 Taboleiro de información xeral
112 EMERXENCIAS( AXENCIA GALEGA DE EMERXENCIAS )
061 EMERXENCIAS SANITARIAS
085 INCENDIOS FORESTAIS
060 Información xeral do Estado
Para:
116111 teléfono da infancia
024 - Línea telefónica de axuda para persoas en risco de conducta suicida
028 - Arco da Vella para información, asesoramento e atención inmediata contra a violencia por LGTBIfobia
900 400 273 - Línea de Atención á Muller e Mulleres de Galicia.
629 777 595 - Atención psicolóxica a mulleres que sofren violencia de xénero e as súas fillas e fillos e persoas do contorno familiar: http://igualdade.xunta.gal/gl/recursos/atencion-psicoloxica-vitimas-de-violencia-de-xenero
112 - Atención psicolóxica de urxencia
016. Servicio gratuíto e confidencial que ofrece información, asesoría xurídica e atención psicosocial inmediata en tódalas formas de violencia contra as mulleres, nenas, menos e adolescentes. O servizo é accesible a través de catro canais:
Por número de teléfono corto: 016.
Por correo electrónico: 016-online@igualdad.gob.es .
Por WhatsApp: número 600 000 016, exclusivo de WhatsApp porque non admite chamadas telefónicas.
Por chat: a través da web da Delegación do Goberno contra a violencia de xénero
https://violenciagenero.igualdad.gob.es/home.html
A información e atención psicosocial inmediata están dispoñibeis as 24 horas do día, os 365 días do ano. O asesoramento xurídico está dispoñible de 8 a 22 horas, de luns a domingo. Accesible a persoas con discapacidade auditiva e/ou de fala por diversos medios: a través do número de teléfono 900 116 016; a través do Servizo Telesor a través da propia páxina web de Telesor, en cuio caso será necesaria unha conexión a Internet; a través do teléfono móvil ou PDA coa instalación dunha aplicación gratuita; a través do servizo de interpretación en vídeo SVIsual; polo WhatsApp: 600 000 016; ou a través do correo electrónico: online@igualdad.gob.es .
900 400 800 Teléfono Solidario www.voluntariadogalego.org
900116117 Incubar. Línea de axuda sobre ciberseguridade
902 077 333 Saúde online www.sergas.es
VALEDORA DO POBO
Mª Dolores Fernández Galiño,
Defensora do Pobo
Mª Xosé Porteiro García
Adxunta del Defensor del Pueblo
Granero, 65 15700 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 569 740 | Teléfono: 981 572 335
Defensora do Pobo:
Tel. 981 56 97 40 | Teléfono: 981 57 23 35 | valedor@valedordopobo.gal
Inscricións:
Tel. 981 56 97 52 | Teléfono: 981 57 23 35 | registro@valedordopobo.gal
Oficina de comunicacións:
Tel. 981 56 97 54 | 981 57 23 35 | comunicacion@valedordopobo.gal
Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS)
Servizos centrais
Zona Central, 1er Local 32A. Fontiñas
15703 Santiago de Compostela
informacionxeral.igvs.santiago@xunta.gal | Teléfono: 981-541 981 - 981 957 529
Atención ao público. Directorio
Sede territorial
A CORUÑA
Praza Luis Seoane, s/n. 15008 A Coruña
Teléfono: 981 184 801 - Fax: 981 184 860
Que é o SEAF?
Un servizo público, gratuíto e voluntario para prestar apoio socioeducativo ás familias, con menores, que precisen axuda en situacións de dificultade, vulnerabilidade social, precariedade económica ou de crise. Tamén ofrecemos asesoramento sobre outros servizos aos que poden acudir as familias, naqueles casos que precisen dunha atención máis especializada.
Na primeira entrevista, despois de contarnos a situación familiar que te preocupa, darémosche información sobre os recursos aos que podedes ter dereito e procedermos a valorar se o SEAF é o servicio idóneo para vós.
A quen vai dirixido?
Calquera familia con menores ao seu cargo, que precise axuda, empadroada no Concello de Ribeira.
Como fago para acceder ao SEAF?
Ninguén nos ensina a ser nais ou pais... Se precisas axuda na difícil tarefa de educar, pide cita coa traballadora social do SEAF no teléfono 981 874 131 ou escribe a: educadora@ribeira.gal para consultar a túa situación, sen compromiso.
En que te podemos axudar?
O traballo que facemos adáptase ás necesidades de cada caso. Algunhas das accións que desenvolvemos son:
· Sesións educativas mediante entrevistas grupais e individuais.
· Acompañamentos a outros servizos e institucións: citas médicas, visita a asociacións, reunións coa escola…
· Mediación familiar e para a resolución de conflitos.
· Traballo en rede cos servizos comunitarios de atención á infancia (colexio, centro de saúde, e asociacións)
· Intervención e prevención en situacións de violencia: violencia contra a infancia, bullying, violencia filioparental (de fillos e fillas contra os pais e nais), etc.
· Formación e asesoramento sobre aspectos relacionados coa crianza e o desenvolvemento evolutivo das persoas menores.
· Adestramento en habilidades sociais, educación sexo-afectiva, educación para o uso das pantallas e redes sociais, adquisición de rutinas e hábitos de autonomía e hixiene, establecemento de normas e límites, prevención de situacións de risco na adolescencia, etc.
· Intervención en situacións puntuais de crise: separación-divorcio, dificultade económica, morte ou enfermidade dalgún familiar, problemáticas de saúde mental, aceptación da discapacidade dalgún membro, conflitos na escola, conflitos e discusións dentro ou fóra da familia, situacións de estrés, etc.)
· Orientación en problemas de conduta, necesidades educativas especiais e en recursos para familias con menores con discapacidade ao cargo.
· Promoción da inclusión das persoas menores en actividades de ocio comunitario.
· Derivación a outros servizos educativos e de reforzo escolar.
En definitiva, axudámosche a clarificar e desenvolver o teu proxecto vital como familia.
Que profesionais forman o equipo?
Traballadora social. Realiza a entrevista de valoración inicial e informa sobre os recursos sociais e económicos aos que pode optar cada familia, en función das súas necesidades e características.
Educadora social. Realiza o acompañamento socioeducativo ás familias que son incluídas no SEAF. Presta os apoios necesarios para que os membros da familia poidan modificar aquelas situacións que atentan contra o seu benestar ou que poidan supoñer un risco para o mantemento do equilibrio familiar.
Psicóloga. Ofrece atención psicolóxica aos membros que o precisen, cando o equipo o considere necesario.
Como é o traballo que facemos coas familias?
Unha vez que a familia acepta ser incluída no programa, explícanselle as normas de funcionamento e asínase un compromiso de colaboración.
Nas primeiras entrevistas iníciase un proceso de valoración de necesidades e recollida de información, para deseñar o proxecto individualizado de intervención familiar.
Nese documento recolleranse:
A familia pode darse de baixa no SEAF voluntariamente, informando previamente á educadora.

“Di-Versos, cancións para a diversidade” un pioneiro obradoiro de composicións de cancións promovido polo departamento de Servizos Sociais do concello e levada a cabo polo compositor local, Fernando Pérez, ben coñecido en Ribeira pola súa dilatada traxectoria musical e pioneiro como “xastre de partituras para compoñer cancións e bandas sonoras a medida”.
Neste programa proponse a participación dunha aula de terceiro ciclo de cada centro educativo de ensino primario do concello de Ribeira, na que os/as alumnos/as compoñerán, interpretarán e gravarán unha canción -co asesoramento e acompañamento dun profesional de contrastable capacidade e experiencia-, relativa a calquera tipo de diversidade, sexa cultural ou natural, promovendo valores como: xustiza, liberdade, igualdade, equidade, comprensión, respecto e/ou apoio mutuo. Cada composición será tamén inserida nun vídeo no que apareza subtitulada a letra e no que, na súa elaboración, debe colaborar o centro de ensino co profesional que imparte e monitoriza a actividade, así como na súa posterior divulgación nas webs e redes do centro e do concello.
Coa implicación e participación activa da propia comunidade na promoción de valores establecidos na declaración universal de dereitos humanos, aprendémonos a ser mellores.
As actividades realizaranse principalmente no primeiro trimestre do ano 2025 e irán orientadas especialmente a alumnos/as do 3º ciclo de primaria, sendo decisión do centro a elección do grupo/aula a participar.
Xa está confirmada a participación de Ceip Pluriligüe Frións, Ceip Heroínas de Sálvora de Aguiño, Ceip de Olveira, Ceip Pluriligüe O Grupo de Ribeira, CEP Plurilingüe de Carreira, CEIP Pluriligüe de Artes, Colexio Galaxia de Ribeira, Colexio A Milagrosa de Oleiros, Colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras e Colexio Bayón de Ribeira. Participarán máis de 250 rapaces e rapazas do 3º ciclo de primaria dos centros participantes.
Ribeira, 4 de febreiro de 2025
Hoxe tivo lugar a presentación de dúas accións que vai a levar a cabo a comisión para a Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza; por unha banda a presentación do libro ilustrado “Diarios de Julio Silva” e pola outra o anuncio do “I Certame de Memoria Histórica do Barbanza”.
Á convocatoria asistiron, a concelleira de Cultura, Antía Alberte, o presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, Carlos Cimadevila e o membro vocal da mesma, Xoán Hermida.
Antía Alberte introduciu o acto de presentación anunciando que o vindeiro sábado 8 de febreiro, ás 19:00 h, o Centro Cultural Lustres Rivas acollerá a presentación do libro ilustrado “Diarios de Julio Silva”, unha obra baseada nos escritos persoais de Julio Silva Vilas, sindicalista, xornalista e activista republicano ribeirense, asasinado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1937 pola represión franquista.
A concelleira agradeceu á MHB: “polo seu traballo, poñendo en valor o coñecemento do noso pasado; son cousas que custan lembrar e dixerir pero é necesario porque ese pasado axúdanos a ter consciencia do noso presente e axúdanos a construír un futuro”.
Carlos Cimadevila falou do libro indicando que ofrece unha visión íntima do pensamento e da vida de Silva Vilas, quen foi secretario xeral da UGT en Ribeira, membro da “Juventud Cultural Republicana” e colaborador en xornais como “La Lucha”, “RAIG” e “Ser”. No seu diario, recuperado recentemente pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de Barbanza (CRMHB), reflíctense as súas ideas, as súas esperanzas e o medo crecente ante a persecución política que finalmente lle custou a vida.
Un testemuño da represión franquista
Julio Silva foi detido tras o golpe de Estado de xullo de 1936 e xulgado en decembro dese ano en Santiago xunto con outros compañeiros e condenado a pena de morte. Os seus escritos, agora recompilados neste libro-álbum, permiten reconstruír non só a súa historia persoal, senón tamén o, contexto político e social da época.
Baseado nas memorias que escribiu no cárcere e que foron redactadas por José Antonio Pérez Fernández, este álbum ilustrado rescata a historia de Julio Silva, un barbeiro valente e comprometido, cuxa vida simboliza a loita pola liberdade e a resistencia fronte á barbarie da Guerra Civil. Cimadevila finalizou agradecendo o apoio do Concello de Ribeira e o Concello de Rianxo xunto cos ilustradores: José Antonio Pérez, Pura Villar e a Mónica Paula Montero.
I Certame de Memoria Histórica do Barbanza
Para rematar Xoán Hermida informou sobre o I Certame de Memoria Histórica do Barbanza “que ten como obxectivo de recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente materiais sobre a memoria histórica que, polo seu valor e interese, contribúan ao desenvolvemento educativo de Galicia”. O certame que está organizado conxuntamente ca Nova Escola Galega busca favorecer a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica, ao tempo que promove os valores democráticos e a dignidade inviolable da persoa.
Os materiais didácticos presentados deberán estar dirixidos aos diferentes niveis de ensino e tratar calquera tema relacionado coa Memoria Histórica e a Memoria Democrática, que cumpra abordar no desenvolvemento do currículo educativo. Poderán presentarse traballos orientados a educación infantil, primaria ou secundaria (ESO, Bacharelato, FP).
Calquera persoa que resida e/ou posúa unha vivenda unifamiliar con finca ou xardín situada no Concello de Ribeira, poderá solicitar de xeito gratuíto un composteiro individual comprometéndose a destinalo ao tratamento de residuos orgánicos. Tamén poderán solicitalo, por medio dun responsable, os centros educativos, os centros sociais e as asociacións que dispoñan no ámbito das súas instalacións de terreo suficiente para a súa instalación (superficie mínima 25 m2).
En calquera das opcións o ámbito territorial de destino do material será o termo municipal de Ribeira.
As persoas e entidades solicitantes recibirán unha formación sobre o correcto manexo do composteiro así como visitas de seguimento co fin de supervisar o bo funcionamento do mesmo.
Os composteiros entregaranse atendendo aos seguintes criterios de valoración:
1º) Persoa empadroada no termo municipal / Entidade con domicilio social no termo municipal.
2º) Orde de inscrición
Unha vez esgotadas as unidades confeccionarase unha listaxe de agarda respectando a orde de entrada de solicitudes.
“SUMINISTRO E INSTALACIÓN DE ASEOS EN EL PASEO DE COROSO”, FINANCIADO POR LA UNIÓN EUROPEA NextGenerationEU.
Esta contratación está financiada con fondos procedentes del Instrumento Europeo de Recuperación («Next Generation EU»), con cargo al Mecanismo de Recuperación y Resiliencia (MRR).