null

Visita do Clúster de Biomasa de Galicia a Tahume IX

Neste venres o obradoiro de emprego Tahume IX que está chegando o seu fin,  tivo a súa derradeira visita de profesionais externos. Nesta ocasión acompañounos Francisco Álvarez, Presidente do CLÚSTER BIOMASA DE GALICIA e o seu Técnico Sergio Vázquez, que nos realizaron unha presentación e explicación moi enriquecedora, que ademais resultou todo un descubrimento para o alumando do obradoiro, como os seus proxectos que aglutinan a empresas do sector forestal en Galicia para producir biomasa e chegar tanto a fogares particulares coma a  institucións públicas para xerar calor natural e impulsar o uso de enerxías renovables.

Ademais de ofrecer formación gratuíta tanto a profesionais como ao público en xeral. Na segunda parte da xornada, gracias a Fran e a Sergio, coñecemos a Santiago da empresa OKOFEN que nos realizou unha visita práctica a sala de caldeiras da Casa de Cultura de Xuño para seguidamente poder visualizar unha demostración da carga no silo que realizaron os traballadores da empresa LIGNUS Peles de Galicia.
Gracias a todos eles o alumnado puido coñecer de primeira man a segunda parte do proceso de trazabilidade dun dos usos da madeira. O que resultou do máis produtivo e abriu un novo abanico de posibilidades profesionais.

 

 

00

More Blog Entries