O alumnado tivo a fortuna de contar con Rosa de Espazo Coop que expuxo con gran claridade como funcionan as cooperativas e como se forman, amosando unha forma de emprender ao alcance de todos.
Grazas a ela coñeceuse a experiencia dunha cooperativa formada tras un Obradoiro de Emprego adicada ao sector forestal afincada en Boiro que se chama ARREDA SOOP GALEGA.
Moitas gracias a Aitor e Fran por compartir a súa experiencia que foi do máis enriquecedora para o noso alumnado.
Como colofón final, recibimos a visita de Rafa, da Fundación Ronsel que leva xa varios anos colaborando tanto co concello de Ribeira e de Porto de Son asesorando a moreas de persoas que desexan emprender e montar a súa empresa. E nesta xornada demostrou coma sempre que con gañas e esforzo e sobre todo cunha gran idea pódense facer grandes cousas.