null

Obradoiro de emprego Tahume IX

Chegando á década 

Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego (actualmente dependente da consellería de emprego, comercio e inmigración da Xunta de Galicia) no que as persoas traballadoras desempregadas que participen como alumnado reciben unha cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou de interese social.

O concello de Ribeira e o concello de Porto do Son a través de diferentes convenios levan varios anos solicitando este tipo de programas variando nas especialidades impartidas en cada convocatoria, atendendo á demanda de emprego da zona en cada momento.

Esta última edición é o obradoiro de emprego Tahume IX, cunha duración de 12 meses (do 24 de Novembro de 2023 ao 23 de novembro de 2024), na que se desenvolven 2 especialidades formativas, concretamente correspóndense cos certificados de profesionalidade de:

· Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (AGAR0309)

· Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería (AGAO0108)

 

Conta cun total de 20 alumnos e alumnas, sendo 10 alumnos para cada especialidade, tamén conta cun equipo directivo e docente que xestiona e desenvolve o obradoiro de emprego.

· Juan Pazos, director do Obradoiro

· Asun Piñeiro, Titora do Obradoiro

· Elena Fernández, administrativa do obradoiro

· Teresa González, experta docente forestal

· Jaime Bernardo Blanco, experto docente xardinería.

Ao longo deste ano, o groso das actuacións en Ribeira realízanse no parque periurbano de San Roque, no campo de fútbol la Fieiteira e nos diferentes parques infantís do concello, por outra banda no concello de Porto do Son, o groso das actuacións son nas zonas cercanas ao colexios, como en Nebra, e o desbroce en puntos de acceso tan importantes como Baroña e Xuño.

Na recta final do obradoiro todavía queda moito por facer, e ademais o alumnado terá visitas de axentes externos entidades destacables no sector cooperativo, social e tamén empresas vinculadas á profesión que desevolve o alumnado.

 

 

00

More Blog Entries