null

O programa integrado de emprego visita as instalacións de Frouma

O emprendedor Fran Millán  explicou ao grupo todo o proceso de emprendemento

O martes 24, persoas participantes do Programa Integrado de Emprego promovido polo Concello de Ribeira e subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e polo Servizo Público de Emprego estatal, foron a coñecer de primeira man o Obradoiro Artesanal Frouma Atlantic Wood, gañador do Premio Artesanía de Galicia 2023 coa súa obra Noray, sito no polígono de Xarás en Ribeira.

Esta actividade enmarcada no programa pretende dar a coñecer a experiencia de primeira man de emprendedores da contorna que foron usuarios do servizo de asesoramento que mantén dende o ano 2019 o Concello de Ribeira a través da Fundación Ronsel e o seu asesor cunha dilatada experiencia Rafael Vázquez.

Fran Millán creador deste proxecto nos ilustrou sobre a importancia do tempo a través da transformación da madeira de batea en mobles de uso cotiá, explicoulles a súa propia experiencia nos seus inicios aprendendo o oficio co seu pai e proseguindo o seu proxecto no transcurso dos anos no que o fío condutor está baseado na sustentabilidade e na economía circular.

As persoas participantes do Programa Integrado acompañados polo persoal técnico do programa e pola concelleira de Emprego, Veva Betanzos presenciaron de primeira man a rastrexabilidade da madeira de batea; dende que chega ao porto ata que sae transformada nun moble artesán de Frouma Atlantic Wood.

 

Neste caso o proxecto de Fran Millán está sendo ademais moi ben acollido coma un  exemplo de empresa concienciada cun futuro sostible que nos permita a todos e todas poder vivir en consonancia co nosa entorna e cunha mensaxe para os emprendedores "de que é posible innovar dende Ribeira".

O programa Integrado de Emprego vense desenvolvendo dende novembro do ano pasado e rematará en novembro do presente ano. O obxectivo fundamental  é a mellora da empregabilidade das 100 persoas participantes mediante a formación con cursos do catálogo do SEPE; coma talleres de diferentes temáticas, coma a búsqueda activa de emprego, xestións coa administración pública, mellora das competencias dixitais ademais de prácticas profesionais non laborais e contacto continuado con empresas da zona que requiren pesoal. 

00

More Blog Entries