Ribeira, 23 de abril de 2025
Onte o Obradoiro de Emprego Tahume X tivo unha xornada do máis interesante xa que grazas a invitación do Laboratorio Ecosocial do Barbanza acudimos a unha demostración do uso dun serradoiro portátil en Leiro, Rianxo. A actividade foi organizada pola Plataforma pola Defensa do Monte e en colaboración coas Comunidades de Montes de Leiro e da Comunidade de Montes de Baroña, a cal cedeu o seu serradoiro portátil da marca Logosol para a demostración.
Ademais contamos ca sorte de que puidemos visitar os peches e unha plantación de castiñeiros no monte en Leiro, acompañada da explicación de Emilio Saborido. Un engadido máis que satisfactorio para o alumnado do noso Obradoiro.