Ribeira 5 de setembro
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira pon en marcha un novo curso de lingua galega dirixido ás persoas, maiores de 16 anos, que se vaian presentar ás probas CELGA da Xunta de Galicia. Este curso é gratuíto e en horario de tarde, de 19 a 21 h. A inscrición estará aberta aberta ata o día 17 de setembro, data na que dará comezo. Todas as persoas que teñan interese en asistir poderán inscribirse enviando un correo electrónico a normalizacion@ribeira.gal
Curso de lingua galega (preparatorio para as probas CELGA)
Data de comezo 17 setembro de 2024
Horario: de 19 a 21 h todos os martes e mércores
Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas
Inscrición aberta ata o 17 de setembro. Para inscribirse é preciso enviar un correo co nome, apelidos e teléfono a normalizacion@ribeira.gal