O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual, artista e empresario Díaz Pardo. O pasado día 5 de abril 50 nenos e nenas coas súas familias participaron nun obradoiro no que coñecer o quefacer de Isaac, ea programación segue con esta conferencia o día 24 de abril, e outra o vindeiro 8 de maio.
A especialista en Historia da Arte e activista Cultural, Rosario Sarmiento, impartirá unha conferencia o día 24 de abril ás 20.00 h co título “Isaac Díaz Pardo. O pintor que non quixo ser artista” no Museo do Gravado de Artes. O recente nomeamento de Javier Expósito como membro da Real Academia e a existencia do propio museo convidan de xeito especial a que esta homenaxe a Díaz Pardo desde Ribeira se desenvolva en Artes.
Para facilitar a asistencia ao acto habilítase transporte gratuíto desde a Estación de Autobuses de Ribeira, saída ás 19.00 h, pero é condición indispensable reservar praza enviando un correo electrónico a normalizacion@ribeira.gal
Conferencia: Isaac Díaz Pardo, o pintor que non quixo ser artista.
Rosario Sarmiento
Data: 24/04/2025
Hora: 20.00 h
Lugar: Museo do Gravado de Artes
Haberá transporte gratuíto desde Ribeira. Saída: 19.00 h. Regreso: 21.00 h
Reservas para o autobús: normalizacion@ribeira.gal