Ribeira 8 de abril de 2025 - Hoxe tivo lugar a convocatoria para a presentación da Semana Santa 2025 á que acudiron, o segundo tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta xunto cos membros da UPA Ribeira.(Unidade Pastoral de Ribeira) que comprende as parroquias de Santa Maria de Corrubedo, Santa María de Olveira, San Martiño de Oleiros, San Xian de Artes, Nosa Señora do Carme de Aguiño e Santa Uxía de Ribeira.
O párroco de Ribeira, Alfonso Mera introduciu o acto presentando o cartel, “que este ano fala un pouco do día de hoxe” e engadiu, “a Semana Santa non é algo para recordar senón que facemos memoria e vivimos en primeira persoa”. O cartel mostra unha foto que mostra un cravo mergullándose nos pés de Xesús, e por outra banda vense imaxes de conflitos bélicos actuais, e rematou “descubrimos a Cristo crucificado, ao Cristo sufrinte nos rostros de hoxe”.
Mera doulle paso a Sylvestre Marcel, tamén cura da UPA de Ribeira que presentou toda a programación:
· O Domingo de Ramos: bendición de Ramos e celebración da Eucaristía
· 10.00h Hospital
· 10.30h Santa Clara
· 11.00h Oleiros, Aguiño e Corrubedo
· 12.00h Ribeira
· 12.30h Artes e Olveira
· Luns, martes e mércores Santo: celebracións penintenciais
· O luns ás 18.00h en Corrubedo e ás 19.00h en Olveira.
· O martes ás 18.00h en Oleiros e ás 19.00h en Artes.
· O mércores ás 18.00h en Aguiño e ás 19.00h en Ribeira
· Xoves Santo: celebración da Santa Cea
· 17.00h Corrubedo, Oleiros e Aguiño
· 18.30h Olveira e Artes
Santa Uxía de Ribeira:
· 19.30h Santa Cea
· 21.00h Procesión do Paso
· 22.30h Hora Santa
Venres Santo: celebración da Paixón do Señor
· 10.00h Vía Crucis Sobrido (Oleiros) - mirador da Curota (7km)
· 17.00h Corrubedo, Oleiros e Aguiño
· 18.30h Olveira e Artes
Santa Uxía de Ribeira:
· 11.30h Sermón do Encontro
· 19.00h Celebración da Paixón
· 20.00h Sermón das 7 Palabras e Desencravo
· 21.00h Procesión do Santo Enterro
Sábado Santo:
· 22.00h Vixilia Pascual conxunta da Upa de Ribeira
no templo parroquial de Santa Uxía
Domingo de Resurencción: misa solemne de Pascua:
·10.00h Hospital
·11.00h Santa Clara, Oleiros, Corrubedo e Aguiño
·12.00h Artes, Olveira,e Ribeira
A maiores haberá unha Semana Santa Xuvenil.
Por outra banda o concelleiro de Turismo pasou a presentar unha iniciativa de carácter laico consultada coa propia Unidade Pastoral para respectar os actos da Semana Santa. Coa intención de dinamizar as rúas de Ribeira durante o sábado 19 de abril “se celebrará por primeira vez en Ribeira a actuación de 10 grupos musicais no mesmo día co nome de “Rúas Musicais, anunciou Suárez-Puerta.
Esta iniciativa conxunta entre a concellería de Festexos máis a participación de 16 locais de hostalería “encherá Ribeira da mellor música en directo con grupos como The Lacazáns, Human Band, Riverside Dukes entre outros que anexamos no cartel.