Buscador

O Conservatorio de Ribeira presenta tódalas actividades para o vindeiro trimestre
Whatsapp: O Conservatorio de Ribeira presenta tódalas actividades para o vindeiro trimestre

Ribeira, 25 de marzo de 2025

Á presentación compareceron a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, o director do Conservatorio, Álvaro López máis o profesor de saxofón e xefe de estudos do Conservatorio, José Fungueiriño.

A concelleira introduciu o acto de presentación do terceiro trimestre, “dende o Conservatorio Municipal se están facendo innumerables actividades tanto propias como de colaboración con outros conservatorios, invitando a profesores de fama internacional e facendo unha interesante programación de audicións á que invitamos á veciñanza asitir”. Rivadulla rematou agradecendo o traballo de profesores e docentes.

O director do Conservatorio comezou anunciando “que hoxe mesmo levamos a cabo unha actividade fora do centro, trátase de que o alumnado do departamento de piano vai a participar hoxe nun concerto que organiza o Conservatorio Mayeusis, o alumnado do noso centro visitará Pontevedra para, xunto co alumnado do citado centro, ofrecer o primeiro dos concertos deste intercambio”. Dito intercambio leva varios anos desenrolándose, concretamente dende o curso 21/22.

López tamén anunciou o Obradoiro de Preparación para o ingreso no Conservatorio que está dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos (cumpridos neste ano) e que queiran facer a proba de acceso para cursar estudos oficiais no Conservatorio de Música Profesional de Ribeira no curso 2025/2026. “O formulario de inscrición atópase na web do concello e unha vez cuberto terá que enviarse ao correo conservatorio@ribeira.gal.

Por outra banda Fungueiriño presentou os derradeiros encontros da Aula Galega de Saxofón. Arrinca a finais de marzo os días 29 e 30 con tres profesores. Xabier Casal, Carlos Ordóñez (artista Yamaha de cal a marca asume íntegramente os custos) e Roi Barros en calidade de técnico reparador que fará pequenos axustes aos saxofóns do alumnado que o precise. (Roi Barros é colaborador da Aula e asumirá o custe dos axustes. Continuará en abril con Elisa Urrestarazu e en maio, de novo Xabier Casal e o pianistas Takahiro Mita. As 15 prazas ofertadas na actividade está cubertas. 

Para rematar e tamén coincidindo co encontro de finais de marzo do seminario Aula Galega de Saxofón levarase a cabo esta mesma fin de semana  o segundo dos encontro do curso do Seminario de Música Antiga que imparte Paulo Gonçalves.