Buscador

Conservatorio, Coral e Rondalla honrarán a Santa Icía con concertos especiais para a ocasión.
Whatsapp: Conservatorio, Coral e Rondalla honrarán a Santa Icía con concertos especiais para a ocasión.

Ribeira, 14 de novembro de 2024

O 22 de novembro celébrase o día internacional dos músicos en conmemoración da data do falecemento de Santa Icía, mártir do cristianismo e patroa de todos os músicos. Aínda que morreu no século III d.C., non foi ata o ano 1594 cando o Papa Gregorio XIII nomeou a Santa Icía patroa dos músicos.

Nesta data en Ribeira para honrar a Santa Icía celebraranse varios concertos especiais por parte do Conservatorio Municipal, a Coral Polifónica de Ribeira e a Rondalla de Aguiño que hoxe se presentaron ca presencia da edil de Cultura, Antía Alberte, o director do Conservatorio de Ribeira, Álvaro López, director da Coral Polifónica, Alexandre Fontán, a vicepresidenta da Rondalla de Aguiño Rosa Vidal e a súa tesoureira Loli Vidal.
 

Conservatorio Municipal
O día 20 haberá unha audición do alumnado de piano que va a interpretar obras de
García Abril, de Falla e demais compositores e a audición será ás 20.00 h no salón
de actos do Conservatorio. O día 21 vaise celebrar Santa Icía e haberá actuación do
alumnado do Conservatorio do resto de instrumentos e tamén con un repertorio de
diferentes compositores. Álvaro López informou da invitación do Conservatorio de
Noia, Felipe Paz Carbajal no cal se vai a participar nun ensaio co departamento de
piano para facer un concerto o día 13 de decembro no teatro Coliseo Noela de Noia
onde tamén van a participar alumnado do Conservatorio de Noia e alumnos da
escola municipal de Porto do Son.


Coral Polifónica de Ribeira “Cantica Sacra”


A Coral fará un concerto moi especial ás 20.00 h o propio día de Santa Icía baixo o
título xenérico “Cantica Sacra” na Igrexa Parroquial de Santa Uxía e segundo o seu
director, Alexandre Fontán “imos a facer un percorrido dende o século X con tres
antífonas de canto gregoriano para pasar ao renacemento italiano, tamén se
interpretará unha peza moi especial que é tradicional da Semana Santa da Pobra do
Caramiñal do século XVIII un Miserere Salmo 50 (vers. 3 4 5), despois unhas pezas
do romanticismo do XIX e de cara ao final se fará unha homenaxe a José Pérez
Rajoán que foi un sacerdote e músico da diocese de Santiago e natural da
Escravitude; foi o mestre de Capela na Catedral de Santiago ata 1960, xa para
rematar, cun un fragmento dun himno a Santa Icía.
Para a ocasión contarase ca presenza de María Dolores Bretal compoñente da
Capela Lauda Sion tocando o órgano para a ocasión.

Rondalla de Aguiño

Este ano llo adicarán ao compositor Wolfgang Amadeus Mozart, na xornada participarán os alumnos da Asociación así como a Rondalla de Aguiño e rematará cunha merenda de confraternización. O día 24 de novembro ás 17:00 h no Conservatorio de Aguiño

Documentos