Ribeira, 10 de setembro de 2024
Novamente visitamos a un centenario en menos dunha semana, sempre é una boa nova que haxa tantos veciños e veciñas que acadan os cen anos no municipio ribeirense.
O rexedor Luís Pérez e o tenente de alcalde, Vicente Mariño desprazáronse a Castiñeiras, a preto da praia dos Mosqueiros, para coñecer e falar con Tomás Estévez de 101 anos; como aconteceu a semana pasada co centenario de Aguiño, Fernández Gude, home de mar, con pouco oído, pero cunha memoria abraiante.
Sorprendido pola visita e pola xuventude do rexedor, Tomás mostrou os seus comezos no mar vogando nunha dorna ata chegar a Cíes, ou a Muros, "eran tempos de navegación de cabotaxe, marcas, vento e forza bruta" asegourou. Falou dos tempos en que Aguiño "eran dúas casas", dunha Ribeira sen coches e con dous cinemas onde aínda se proxectaba o cinema sen son, “eu ía ao do Filipino porque poñían mellores películas que na de Moraña”, tamén tomaba as súas chiquitas na do Xordo (antigo Bare Nostrum na praza de Vigo), nos veráns en Cambeiro onte facían o baile na horta e da feira no “Campo do fraile” actual praza do Concello.
Temén recordou os tempos lógrebos da fame que se pasou na posguerra, malos tempos onde a xente pasou moitas necesidades.
Andou á Vaca, ao Gran Sol, nun petroleiro da multinacional Maersk até finalmente xubilarse. Tomás Estévez tamén é un home do presente e do futuro, un par de veces ao mes fai una excursión polos portos da Ría facendo una especie de auditoría co maior espírito crítico coma se fose un visionario.
Barral e Mariño quixeron darlle un pequeno agasallo, una dorna a vela en cerámica que homenaxea o traballo ao longo da súa vida, o seu aniversario e o seu espírito de lobo de mar. Grazas Tómas!