Normalización Lingüistica
Documentos

Novas

Presentación de Wombo Combo de Galeatro este domingo 20 no Novo Auditorio
Whatsapp: Presentación de Wombo Combo de Galeatro este domingo 20 no Novo Auditorio

Ribeira, 15 de outubro de 2024

Hoxe presentouse esta obra de teatro da man da concelleira de Educación, Cruz Rivadulla máis e a resposable de Normalización Lingu?ística, Alicia Padín.

O programa de dinamización do galego FalaRedes chega a Ribeira no tempo do outono con esta obra escrita por Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática en 2023.

Wombo Combo está dirixida á mocidade e ao público xeral a partir de 8 anos, nunha reflexión sobre as vidas virtuais e a soidade na adolescencia, contemplamos como o bo ou mal uso das redes sociais, presentes na nosa vida cotiá, pode levarnos a un desenvolvemento persoal óptimo ou á frustración e ao illamento.

Este domingo podemos asistir ao teatro en familia, nunha sesión gratuíta dentro da oferta de programación da Rede de Dinamización Lingu?ística á que pertence o Concello de Ribeira. E tamén os mozos e mozas de Ribeira tendes a oportunidade de ver este novo espectáculo no novo Auditorio de Ribeira, un espectáculo que fala do voso día a día, da relación que mantemos coas nosas RRSS. Cunha posta en escena colorista, próxima e dinámica, veremos onoso mundo “real” de carne e óso contraposto ao virtual, nun espazo, o teatro, que nos leva á diversión e tamén á reflexión.

Sinopse:

A Sara no lle gusta a súa vida. Ou polo menos a que chaman a súa vida real. Nesa vida real nada lle vai ben: non ten case amigas e moito menos amigos, búrlanse do seu aspecto, non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre. Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, na que xoga en liña con ducias de persoas, ten éxito e é imbatible nas loitas. Sara pasa cada vez máis tempo nesa vida virtual e menos na vida real. Deixa de falar, de comer, de durmir. Ata que entra nun videoxogo novo, “Revamp”, onde unha misteriosa voz en off lle vai propoñendo retos que debe cumprir na vida real se nonquere sufrir as consecuencias. A partir dese momento, Sara toma consciencia de que non éposible unha vida sen a outra.


Intérpretes: Alba Bermúdez, Mario Rodrígez, Tone Martínez

Espazo escénico e vestiario: Anahí Taraburelli

Espazo sonoro: Davide González

Deseño Iluminación: Nacho Martín

Dramaturxia: Paula Carballeira

Dirección: Davide González