Museo Municipal

Misión

A Sala Museo Municipal de Ribeira é unha institución pública, sen fins de lucro, ó servizo da sociedade e do seu desenvolvemento. A súa misión é conservar, exhibir, investigar e difundir unha ampla colección de obxectos arqueolóxicos, artísticos, históricos e etnográficos; ofrecer exposicións temporais que inclúan pezas en préstamo, e contribuír ao desenvolvemento artístico e cultural da cidade.

Historia

Inaugurada no ano 2011, naceu co propósito de dar cabida a diversas coleccións doadas desinteresadamente pola veciñanza ao Concello de Ribeira. O edificio, que acolle a exposición permanente, localízase no centro da cidade, nunha antiga vivenda rehabilitada de planta baixa e dous andares moi interesante desde un punto de vista arquitectónico.

Coleccións

 

No 1ª andar ofrécese na actualidade unha do rico patrimonio material e inmaterial vinculado co naufraxio do Vapor de pasaxe Santa Isabel acontecido en xaneiro do ano 1921 fronte á Illa de Sálvora con máis de 200 vítimas mortais; unha das traxedias marítimas con máis perdas en vidas humanas da historia recente.

Esta historia acompáñase de diversos obxectos do patrimonio marítimo e mariñeiro a través de obxectos e instrumentos de navegación, inmersión e pesca pertencente ós fondos propios do museo.

O 2º andar do museo acolle unha mostra etnolóxica de artesanía con máis de 200 bonecas vestidas co traxe tradicional galego, tanto de cotío coma de festa ou de gala. A exposición recrea costumes, oficios tradicionais vinculados co mundo mariñeiro, festas relixiosas, laicas etc, amosando a grande variedade e riqueza do traxe tradicional galego.

Visitas acompañadas:

Aquelas persoas (grupos, asociacións, colexios, etc.) que desexen realizar unha visita comentada poderán solicitala con 10 días de antelación. Grupos reducidos. Duración aproximada: 40 minutos. Máis información e contacto en: museo@ribeira.gal ou tel. 981873595.

 

Actividades:

 

Fotografía e documentación histórica ribeirense: Continuamos a traballar coa cidadanía para recompilar fotografías históricas de todo o municipio para a súa dixitalización. Aquelas persoas que teñan fotografías ou “papeis vellos” que consideren de interese póñanse en contacto co museo.

 

CENTRO SUBVENCIONADO POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

 

 

Cultura

  • Enderezo   Rúa de Galicia, 2 Mapas
  • Teléfono   981873595
  • Correo electrónico   museo@ribeira.gal
  • clock  

    De luns a venres: de 9:30h -13:30h e de 18:00h - 20:00h
    Sábados: de 12:00h -14:00h.
    Domingos e festivos: pechado

     

    (Horario de verán: do 15 de xuño ao 15 de setembro):
    De luns a venres: 10:00h - 14:00h e de 19:00h - 21:00h
    Sábados: 12:00h - 14:00h.
    Domingos e festivos: pechado

     

    Entrada:
    Gratuíta