Memoria histórica da Barbanza

O 10 de novembro de 2023, coincidindo co 87 aniversario do fusilamento do periodista Manuel Lustres Rivas, inaugurouse no paseo do Malecón de Ribeira a escultura memorial na honra das vítimas represaliadas durante a Guerra Civil e a etapa franquista no concello de Ribeira, obra de Soledad Penalta, escultura aceiro corten, de aspecto oxidado.

Unha escultura destinada a recuperar e revalorizar a dignidade das vítimas esquecidas, das súas familias, e lembrar a todas aquelas persoas que se negaron a ser silenciadas, que sufriron persecución, exilio, encarceramento, ou perderon a súa vida polos seus ideais de progreso, liberdade, benestar e valores democráticos.

A memoria histórica é un dereito de toda sociedade democrática para construír un futuro máis xusto e solidario e que as xeracións futuras aprendan das leccións do pasado e fortalezan a democracia.

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza espera que este Memorial sirva como recordatorio permanente da loita pola VERDADE, A XUSTIZA E A REPARACIÓN.

Documentos