Calquera persoa que resida e/ou posúa unha vivenda unifamiliar con finca ou xardín situada no Concello de Ribeira, poderá solicitar de xeito gratuíto un composteiro individual comprometéndose a destinalo ao tratamento de residuos orgánicos. Tamén poderán solicitalo, por medio dun responsable, os centros educativos, os centros sociais e as asociacións que dispoñan no ámbito das súas instalacións de terreo suficiente para a súa instalación (superficie mínima 25 m2).
En calquera das opcións o ámbito territorial de destino do material será o termo municipal de Ribeira.
As persoas e entidades solicitantes recibirán unha formación sobre o correcto manexo do composteiro así como visitas de seguimento co fin de supervisar o bo funcionamento do mesmo.
Os composteiros entregaranse atendendo aos seguintes criterios de valoración:
1º) Persoa empadroada no termo municipal / Entidade con domicilio social no termo municipal.
2º) Orde de inscrición
Unha vez esgotadas as unidades confeccionarase unha listaxe de agarda respectando a orde de entrada de solicitudes.
O proxecto de separación e reciclado en orixe de biorresiduos mediante compostaxe doméstica no que se inclúe a adquisición do material de compostaxe doméstica que se pon a disposición da veciñanza finánciase cunha axuda concedida ao abeiro da Orde do 1 de xuño de 2023 (DOG núm. 112, do 14 de xuño de 2023) a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo públicas as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975P).