SERVIZO DE ORIENTACION SOCIAL INMEDIATA (SOISS)

SERVIZO DE ORIENTACION  SOCIAL INMEDIATA   ( SOISS )

O servizo de orientación social inmediata  (SOISS) estaría enmarcado no Programa de valoración, orientación e información, este servizo  complementaría o programa  básico, dando unha  primeira atención presencial, telefónica ou telemática. Este servizo municipal sería o encargado de  realizar a primeira atención da situación ou demanda da cidadanía, dar unha información e apoio básico e garantir a atención áxil das demandas que non requiren intervención a medio ou longo prazo.

Dende este servizo determínase  a necesidade de derivación ao resto de programas do centro municipal de servizos sociais  ou doutros servizos, todo iso facilitaría o acceso aos recursos sociais, ao obxecto de garantir os dereitos sociais da cidadanía.

Diríxese á atención de persoas especialmente vulnerables e que padecen situacións de risco que se presentan de forma imprevista.

A quen vai dirixido?:

Persoas en situación de especial vulnerabilidade: maiores, menores, persoas con discapacidade, persoas sen fogar, con enfermidades crónicas,etc.

Requisitos:

Estar nunha situación de urxencia social que esixa unha intervención inmediata.

Horario: Luns a Venres de 8.00/15.00

Prazo de presentación:

Todos os días do ano.

Realízanse intervencións desprazándose ao lugar onde se xera a emerxencia social, cun tempo de resposta breve e ofrecendo solucións, dentro das posibilidades reais, cos recursos existentes na cidade e acordes ao contexto no que se producen.

En todas as situacións emítese un informe aos servizos sociais municipais con obxecto de valorar a necesidade de dar continuidade ou realizar seguimento á situación atendida.

Máis información:

Para activar o servizo é necesario chamar á Policia Local 981871178

Emergencias 092 ou ás operadoras do Servizo de Teleasistencia se se é unha persoa beneficiaria deste servizo.

Destinatarios

Toda a comunidade.