O servizo lingüístico dunha organización encárgase de organizar e resolver cuestións técnicas, de asesorar sobre os dereitos e deberes lingüísticos e de dar a coñecer os recursos de que se dispón para solucionar situacións de lingua concretas.
Os traballos realizados polo servizo defínense como directos e indirectos.
Os servizos directos:
- Tradución de textos e documentos
- Corrección
- Resolución de consultas
- Deseño de documentos formais da organización
- Elaboracións de glosarios e inventarios de fraseoloxía.
Servizos indirectos:
- Organización de cursos de formación específicos e deseño de programas de formación para mellorar a comunicación na entidade.
- Pautas que permitan solucionar necesidades concretas en cada sección ou traballo.
- Actividades dinamizadoras: mesas redondas, conferencias, campañas informativas.
- A responsabilidade da normalización lingüística é un quefacer común, e polo tanto procúrase de toda a sociedade, desde organizacións cidadás ata vontades particulares, que sexan partícipes dese labor.