O Conservatorio de Música Profesional de Ribeira Enrique Paisal ubícase nas rías Baixas, na comarca do Barbanza, a64 km da capital galega, Santiago de Compostela.
Trátase dunha cidade pequena, cuns 14.000 habitantes. O Concello comprende varias localidades (Aguiño, Artes, Carreira, Castiñeiras, Corrubedo, Oleiros, Olveira, e Palmeira), que rodean prácticamente o núcleo central da mesma. O Concello consta duns 28.000 habitantes aproximadamente.
É a capital do Barbanza, e a súa actividade centrase principalmente no sector pesqueiro, no marisqueo, na industria conserveira e no sector turístico, todos eles ligados ó mar, posto que ven sendo un dos principais portos pesqueiros do país.
Ribeira conta con máis de 800 anos de historia e cun patrimonio, paisaxe e cultura de gran importancia. O Parque Natural do Vilar, os espazos da Rede Natura, o Parque Nacional das Illas Atlánticas, a súa gastronomía, e o carácter solidario das súas xentes son dignos de nomear. Ribeira é cidade dende o 23 de Marzo de 1906 cuxo título foi concedido polo Rei Alfonso XIII.
A área circundante ao centro, en xeral, e ó Concello de Ribeira, en particular, son maioritariamente galego falantes, aínda que, como no resto do país, asistimos á diferenciación de usos propios da diglosia, a un deterioro do galego oral e a unha perda de falantes asociada ao proceso de urbanización e despoboamento do rural. Como trazo diferencial con outras localidades do país está o feito do importante aumento de poboación procedente doutras comunidades autónomas e outros países. Con todo, a realidade lingüística do centro ten como indicador que a maioría do alumnado é galegofalante.
O CENTRO (HISTORIA):
No ano 1979 ponse en funcionamento a Escola Municipal de Ribeira sendo filial do Conservatorio Superior de Música da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela. Isto permitía impartir ensinanzas oficiais en Ribeira, baixo a premisa de facer os examenes finais no Conservatorio Superior de Santiago. As especialidades que inauguraron a andaina musical no nóso concello foron as de Piano e Solfexo.
En 1982 faise cargo da Escola Municipal de Ribeira D. Enrique Paisal Rego, impartindo o solfexo e o piano, e no 1984 crease a Banda Municipal de Ribeira.
En 1992 crease o Conservatorio de Grao Medio de Ribeira coma filial do Conservatorio superior de Música de Santiago de Compostela da Sociedade Económica de Amigos do País. Por aquel entonces impartíanse as especialidades de piano, vento madeira, vento metal, e pouco despois aunmentábanse as de corda friccionada.
No ano 1995 o Conservatorio deixa de ser filial do superior de Santiago, logo de que se firme un convenio entre o Concello de Ribeira (sendo alcalde D. José Luis Torres Colomer), e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (sendo o Conselleiro D. Juan Piñeiro Permuy).
Por decreto de 190/2004 do 29 de Xullo do 2004, crease o Consevatorio de Música Profesional de Ribeira para impartir as ensinanzas correspondentes a os graos Elemental e Medio ou Profesional, publicado no D.O.G.A. nº 153 do luns 9 de agosto do 2004. O 30 de setembro do 2004, autorízase a posta en funcionamento do Conservatorio Profesional de Música de Ribeira.
No ano 2019, prodúcese un cambio de denominación do Centro recollido na Orde do 28 de febrero de 2019 polo que se autoriza o cambio de denominación específica do CMUS Profesional de Ribeira, do Concello de Ribeira, pasando a chamarse: Conservatorio de Música Profesional de Ribeira Enrique Paisal.
A día de hoxe o Conservatorio consta dun claustro de 15 mestres onde se imparten as especialidades de piano, frauta traveseira, clarinete, saxofón, trompeta, gaita, violín, viola, violonchelo e guitarra.
Dende o seu comezo ata agora pasaron polo centro más de mil alumnos que iniciaron ou remataron os seus estudos musicais no Conservatorio, dependente da Concellería de Educación do Concello de Ribeira.
O EDIFICIO:
O edificio consta de 4 plantas;
O soto
Piso baixo
Primeiro piso
Segundo piso (baixo cuberta)