NADAL PELEGRÍN

Espectáculo do Nadal, Carteiro Real, obradoiros e inchables visitarán as parroquias para realizar unha grande variedade de actividades, de 17:00 a 20:00 h. As nenas e nenos que participen nestas actividades recibirán rifas de balde para o SORTEO DE TRES AGASALLOS

que realizarán os Reis Magos o día 5 de xaneiro dende o balcón do Concello.

17:00 h Inchables, ata as 19:30 h.

17:00 h Obradoiros infantís de globoflexia e adornos do Nadal.

18:30 h (ata as 19:30 h) Visita do Carteiro Real que entregará lambetadas e rifas para o sorteo que os Reis Magos farán o día 5 de xaneiro dende o balcón do Concello.

19:30 h Espectáculo sorpresa do Nadal.

  • FESTAS INFANTÍS DE NADAL NAS PARROQUIAS
  • Carreira: Casa de Cultura e adro da Igrexa. Mércores 22 de decembro.
  • Palmeira: Pavillón Alcalde Torres Colomer. Xoves 23 de decembro.
  • Corrubedo: Centro social e exterior. Luns 27 de decembro.
  • Castiñeiras: Casa da Cultura de Carreira e exterior. Martes 28 de decembro.
  • Artes: Pavillón de Artes. Mércores 29 de decembro.
  • Olveira: Pavillón de Sirves. Xoves 30 de decembro.

 

NADAL PELEGRÍN
Localización