Novas

Chocolatada de confraternidade das Amas de Casa
Whatsapp: Chocolatada de confraternidade das Amas de Casa

Hoxe vivimos unha tarde moi especial acompañando ás persoas maiores nun acto de convivencia organizado por Amas de Casa en colaboración co departamento de Servicios Sociais do Concello de Ribeira. 

O alcalde de Ribeira, acompañado polo tenente de alcalde e a concelleira de Facenda, quixo aproveitar a ocasión para lembrar, tras a celebración do 8M, o enorme papel que desempeñaron e seguen desempeñando as mulleres do noso concello: traballadoras incansables, fundamentais para a Ribeira que coñecemos hoxe.  

Ademais, o tenente de alcalde informou que este luns 10 de marzo a partir das 9:00h xa se poden retirar as entradas para o Encontro das Persoas Maiores de Ribeira, unha cita moi esperada e que volverá ser un evento que permite que as persoas maiores se xunten e desfruten en compañía.