Ribeira, 28 de novembro de 2024
O programa de conciliación celébrase dende hai anos como unha programacioón estable adquirindo grande demanda e satisfacción cidada. Nesta ocasión, é de interese da área dos Servizos Sociais Comunitarios impulsar o programa de conciliación durante as vacacións do Nadal 2024, coincidindo coas datas das vacacións escolares, de luns a venres –excepto festivos- de 08:30 a 14:30 horas e destinados a nenos e nenas de 3 anos (escolarizados) a 10 anos co obxectivo de que os máis novos pasen unhas vacacións de ocio e divertimento, aprendendo contidos de todo tipo e en ámbitos relacionados coa cultura, igualdade, o medio ambiente ou as novas tecnoloxías...
Co fin de poder abrir un periíodo de preinscrición para esta actividade, proponse a publicación dunha normativa de admisión así como do prezo público de matrícula que deberán aboar os participantes –a través da modalidade de autoliquidacioón- unha vez confirmada a súa reserva de praza correspondente, no período que se estableza e achegando a documentacioón requirida.
E polo tanto establécense os seguintes prezos e modalidades de matriícula pola asistencia a dita actividade:
Interesados en contribuiír na diminución do esforzo que pode representar para familias en situacioón de vulnerabilidade ou circusntancias especiais, e co fin de facilitar a participación dos nenos e nenas nesta actividade, proponse a aplicación dun desconto do 20% sobre o importe de matrícula aos fillos/as das familias que reúnan algunha das seguintes condicións ou circunstancias, e así o acrediten previamente mediante a aportación dos documentos pertinentes (non será acumulativo no caso de darse máis dunha circunstancia):
Na mesma linña proponse a reserva do 10% das prazas (bonificación 100% taxas) para emerxencia social, estando estes participantes exentos do pago da matrícula correspondente. Estes participantes deberán derivarse dende a área dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Ribeira a través dun informe ou relación detallada elaborada polos profesionais do departamento.