Orientación Laboral
Que é?

O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ribeira, membro da rede de centros colaboradores do Servizo Público de Emprego de Galicia en materia de orientación laboral, ofrece ás persoas desempregadas ou en mellora de emprego, información e asesoramento individualizado en materia de emprego e formación, co fin de axudalas a mellorar a súa empregabilidade e cualificación, así como a súa autonomía na busca de emprego, a través da “información, o diagnóstico individual, o asesoramento, a motivación e o acompañamento nos procesos de acceso e cambios laborais”.

Esta atención préstase a través de citas de orientación laboral individual e/ou a realización de itinerarios personalizados de emprego, nos que, partindo do diagnóstico inicial e a delimitación do perfil profesional da persoa, trabállase de forma individualizada e ao longo do tempo (máximo 6 meses) sobre os distintos factores que inciden na súa empregabilidade, co fin de achegala ao seu obxectivo profesional.

Para quen?

O servizo está dirixido a persoas demandantes de emprego ou en mellora de emprego, inscritas como tal no Servizo Público de Emprego de Galicia; por este motivo é necesario ter a demanda de emprego activa para poder solicitar cita.

Como solicito unha cita?

  • Enviando un correo electrónico a: orientacion.laboral@ribeira.gal (indicando nome e apelidos,
    DNI e motivo).
  • Chamando por teléfono: 981 87 14 97.
  • Presencialmente, na oficina do Servizo de Orientación Laboral.
Onde está?

O servizo está situado no Viveiro de Empresas do Concello de Ribeira (antigo matadoiro municipal), preto das instalacións polideportivas da Fieiteira.

 

Orientación Laboral

  • Enderezo   Lugar Fafián, 29 – 15960 Ribeira (Viveiro de Empresas) Mapas
  • Teléfono   981 87 14 97
  • Correo electrónico   orientacion.laboral@ribeira.gal
  • clock  

    Luns a Venres, de 8:00 a 15:00 (no verán, de 8:00 a 14:00).

Novas

O Concello de Ribeira saca as axudas dos incentivos á contratación para empresas do sector forestal e xardinería.
Whatsapp: O Concello de Ribeira saca as axudas dos incentivos á contratación para empresas do sector forestal e xardinería.

Ribeira 28 de outubro de 2024

O Obradoiro Tahume IX xa está na súa recta final e dende o Concello de Ribeira aprobáronse as axudas dos incentivos á contratación para que as empresas do sector forestal e xardinería que precisen persoal poidan acollerse as mesmas e contratar ao alumnado do Obradoiro cas competencias profesionais adquiridas.

O BOP recolle o acordo da xunta de goberno local de Ribeira para a convocatoria destas axudas por un valor 30.000 euros, que se destinarán a subvencionar a un máximo de 20 contratos con un importe de 1.500 euros por traballador.

Á presentación dos incentivos a contratación contou ca presenza polo Concello de Ribeira de Veva Betanzos como Concelleira delegada de Promoción Económica, Emprego e Industria e por parte de Porto do Son coa presenza de Magdalena Pérez Millares, Concelleira de Persoal e Xestión Administrativa.

Documentación e anexos no taboleiro de anuncios: https://bit.ly/3NFEH5f