null 27 de Marzo. Día Mundial do Teatro
27 de Marzo. Día Mundial do Teatro
Whatsapp: 27 de Marzo. Día Mundial do Teatro

O Concello de Ribeira para conmemorar o Día Mundial do Teatro programou o venres 28 e o sábado 29 un para de espectáculos de temática diferente; un monólogo humorístico de Isi e unha peza de teatro amador a cargo do GT de Boqueixón con entrada gratuíta, no auditorio municipal.

"O SHOW DE ISI" este venres 28 de marzo, ás 21:15 h no auditorio municipal de Ribeira.

"ASUNTOS ESCUROS" do Grupo de Teatro Club de Maiores de Boqueixón, o sábado 29 de marzo, às 20 h no auditorio municipal de Ribeira.

Entrada de balde para os dous espectáculos dende media hora antes do comezo e ata cubrir a cabida do local.