null Novo Podcast: "Sálvora. A traxedia do vapor-correo Santa Isabel. Memoria do naufraxio do Titanic galego"
Novo Podcast: "Sálvora. A traxedia do vapor-correo Santa Isabel. Memoria do naufraxio do Titanic galego"
Whatsapp: Novo Podcast: "Sálvora. A traxedia do vapor-correo Santa Isabel. Memoria do naufraxio do Titanic galego"

Onte comezaron o primeiro dos relatorios que o Parque Nacional das Illas Atlánticas está a organizar co título "Coñece o teu Parque Nacional Xornadas de Divulgación á Cidadanía".

O primeiro de todos tivo a honra de inauguralo Xosé María Fernández Pazos, Cronista Oficial de Ribeira, Historiador e xornalista que foi acompañado polo alcalde, Luís Pérez e o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes na Sala Polivalente do Auditorio Municipal.

Na ría de Arousa atópase o arquipélago de Sálvora, que forma parte do PNMTIAG. Este arquipélago tamén está formado por illas máis pequenas como Noro, Vionta ou Sagres e por multitude de pequenos illotes menores e baixos que dificultan a navegación. Un deses baixos, Pedra da Pegar, é tristemente famoso por ser o lugar onde embarrancou o Santa Isabel.

Xosé María Fernández Pazos afondou no relato dos feitos, as emocións e as vidas dos que estiveron involucrados na catástrofe.

Ao final do relatorio os presentes tiveron unha sorpresa; cando rematou o relatorio de Xosé María, levantouse a falar ao seu carón nin máis nin menos que a derradeira persoa nada na Illa Sálvora, Purificación Paz Formoso.

 

Con este final clausurouse unha xornada moi ilustrativa e emotiva sobre a historia do noso municipio sempre tan vinculada ao mar.


O Concello de Ribeira no seu afán de expandir a súa memoria incorpora un novo podcast á súa canle para que o escoite a veciñanza que non puido desprazarse ao relatorio.