null A parada de taxis de Ribeira situarase diante da estación de autobuses
A parada de taxis de Ribeira situarase diante da estación de autobuses
Whatsapp: A parada de taxis de Ribeira situarase diante da estación de autobuses

Ribeira 11 de novembro


O Concello de Ribeira informa á cidadanía do cambio de localización da parada de taxis municipal. Dende este mesmo luns 11 de novembro, o servizo de taxis trasládase da súa localización actual na rúa Otero Pedrayo á praza Heroínas de Sálvora, fronte á estación de autobuses, dende onde se prestarán os servizos a partir de agora.
 

Segundo informou o alcalde, Luís Pérez Barral, esta medida adóptase para poder iniciar as obras de remodelación que se van desenvolver na rúa Otero Pedrayo e que forman parte do proxecto de reforma da praza do Centenario.

Nesta actuación establecerase unha plataforma única entre dous enclaves referentes de Ribeira como son o Centenario e a praza do Concello pero tamén cara á praza Uxío Novoneyra e rúa Mendiño, na que xa se está a actuar. Con estas actuacións vanse gañar espazos públicos centrados nas persoas, mellorando a mobilidade, a seguridade e aumentando as zonas verdes.

O traslado fíxose de mutuo acordo cos taxis, tras explorar diversas alternativas. Coa localización diante da estación de autobuses búscase mellorar a funcionalidade do servizo, facilitándolle á veciñanza a conexión entre diferentes medios de transporte e ofrecendo unha experiencia máis cómoda e eficiente para todas as persoas usuarias. Para garantir o confort de traballadores do taxi e persoas usuarias, a brigada de obras do Concello instalou unha marquesiña para poder gorecerse os días de chuvia e instalouse a cabina na que estará o
teléfono do servizo.

O rexedor avanzou tamén que esta semana quedará aberta a estación de bus, na que se estivo traballando para habilitar un unha sala destinada aos taxistas, e na que tamén haberá unha sala de agarda para as persoas que usan o transporte público e uns baños públicos.