Ribeira, 28 de marzo de 2025
Hoxe comezaron as visitas teatralizadas organizadas polo Museo Municipal que se van desenvolver ate? o mes de xun?o (inclui?do) tratando a tema?tica das Heroi?nas de Sa?lvora e do Santa Isabel, a iniciativa vai dirixida ao pu?blico infantil no que participara?n os diferentes colexios do municipio.
Este ciclo de visitas inaugurouse no día de hoxe coa presenza dos alumnos/as de infantil do CEIP Heroínas de Sálvora de Aguiño que leva precisamente o mesmo nome da exposición a teatralizar. Asistiron tamén a concelleira de Cultura, Antía Alberte e o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes.
A concelleira informou que foi unha actividade proposta polo técnico do museo, Miguel Vidal apuntou, “e unha actividade na que estaán convidadas as escolas do municipio, estamos contactando con elas e incluso de fora para que veñan, todo con reserva previa para avisar a Cipriana para que nos veña a explicar que pasou aquela fatídica noite do 2 de xaneiro do nao 1921”. Antía tamén animou á veciñanza de Ribeira que veña ver esta exposición permanente e convidou aos familiares que veñan de visita a Ribeira así como a tódala xente que visite a cidade”.
“Comezamos dende as escolas porque pensamos que dende a infancia temos que transmitir eses valores de arraigamento, e nutrilos da historia do noso municipio”.
Para rematar o concelleiro do Mar agradeceu a iniciativa do Museo Municipal e aproveitou para anunciar “que o vindeiro 18 de abril, neste mesmo espazo faremos a homenaxe á Muller do Mar no que este ano imos a homenaxear ás redeiras”.
Inscricións para a visitas teatralizadas
Tfno. 981.87.35.95 (en horario de 10:00-13:00h). Correo-e: museo@ribeira.gal