O obradoiro de preparación para o ingreso no Conservatorio está dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos (cumpridos neste ano) e que queiran facer a proba de acceso para cursar estudos oficiais no Conservatorio de Música Profesional de Ribeira no curso 2025/2026.
Trátase dun curso de carácter gratuíto no que durante catro semanas traballaranse os contidos que van integrar a proba de acceso ao 1º curso do Grao Elemental (proba de carácter obrigatorio, e que terá lugar na última semana de maio). Ademais disto os nenos e nenas poderán, mediante as presentaciós do profesorado e alumnado do centro, ter o primeiro contacto coas distintas especialidades que se imparten no conservatorio. Este primeiro contacto, pretende axudalos na elección da especialidade que a partir de setembro queiran estudar.
O horario a elixir será o proposto no seguinte cadro (MARCAR O DÍA ELIXIDO) e contará cun máximode 12 prazas e un mínimo de 6 inscritos por grupo para levarse a cabo. As inscricións aceptaranse por rigurosa orde de entrega deste formulario no email conservatorio@ribeira.gal
Unha vez recibido o formulario contestarase indicando a confirmación de praza.
En caso de que nalgún grupo non se cubran as prazas mínimas intentarase reubicar ao alumnado inscrito noutros grupos.