Normalización Lingüistica
Documentos

Novas

Curso de lingua galega (preparatorio para as probas CELGA)
Whatsapp: Curso de lingua galega (preparatorio para as probas CELGA)

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira pon en marcha un novo curso de lingua galega dirixido ás persoas, maiores de 16 anos, que se vaian presentar ás probas CELGA da Xunta de Galicia. Este curso é gratuíto e en horario de tarde (martes e mércores de 19 a 21 h). A inscrición estará aberta aberta ata o día 18 de marzo, data na que dará comezo. Todas as persoas que teñan interese en asistir poderán inscribirse enviando un correo electrónico a normalizacion@ribeira.gal

Curso de lingua galega (preparatorio para as probas CELGA)

Data de comezo 18 de marzo de 2025

Horario: de 19 a 21 h todos os martes e mércores

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

Inscrición aberta ata o 18 de marzo. Para inscribirse é preciso enviar un correo co nome, apelidos e teléfono a normalizacion@ribeira.gal