Normalización Lingüistica
Documentos

Novas

Ribeira presenta unha semana chea de actividades na honra de Rosalía de Castro 
Whatsapp: Ribeira presenta unha semana chea de actividades na honra de Rosalía de Castro 

Programación:

Día de Rosalía de Castro en Ribeira. 2025

 

Pre-estrea. “Axudádeme a cantar” de Felisa Segade e Montse Rivera

(A partir de “Agora que vén a noite” de Marcos Calveiro)

Data: 18/02/2025, martes

Hora: 11.00 h

Lugar: Auditorio Municipal

Dirixida a público de ensino secundario.


 

Acto de plantación da “Figueira de Rosalía de Castro” 19/02/2025

"Un fillo da figueira de Rosalía plantouse hoxe en Ribeira na súa honra"

Fundación Rosalía de Castro e Concello de Ribeira.

Coa participación do gaiteiro Alberto Millán

Data: 19/02/2025, mércores

Hora: 12.30 h

Lugar: Exterior da Casa da Xuventude (Avda. da Constitución)


 

Día de Rosalía. “Os cantares de Rosalía” con María Faltri

Concerto e recital na honra de Rosalía

Data: 20/02/2025, xoves

Hora: 11.00 h

Lugar: Auditorio Municipal

Dirixida a público de ensino primario.

“Dempóis que sí me dixeches, en proba de teu amor, décheme un caraveliño
que gardín no corazón.” Cantares gallegos, 1863.

 


 

Día de Rosalía na Biblioteca Municipal de Ribeira

A concelleira de Educación e a de Cultura xunto coas técnicas do CC Lustres Rivas e Xoán da Biblioteca

Data: 21/02/2025, venres

Horario:  de 9 a 14.00 h e de 16.00 a 21.00 h

Lugar: Biblioteca Municipal de Ribeira

As persoas usuarias da biblioteca poderán achegarse á obra de Rosalía e levarán un caravel para a súa honra e recordo.


“Rosalía Cantareira” de Jara Ortiz

Obradoiro de pandeireta e espectáculo de narración oral para nenos e nenas de 3 a 12 anos e as súas familias.

Data: 22/02/2025, sábado

Hora: 12.00 h

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas


Caldo de Gloria. Día de Rosalía

Data: 23/02/2025, domingo

Os establecementos hostaleiros de Ribeira convidan a súa clientela ao caldo de Gloria na honra de Rosalía.

 Cocoluche; Tagen Ata; Castelao; A Recoveira; Plaza; Pedra Pateira; D’vicio; Central

 

 

Presentación

Ribeira, 17 de febreiro de 2025 

No día de hoxe o Concello de Ribeira presentou as actividades que se van a desenvolver para conmemorar a efeméride do Día de Rosalía de Castro. Á presentación acudiron, o rexedor, Luís Pérez, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla e a técnica de Normalización Lingüística, Alicia Padín.

Padín explicou que “o Día de Rosalía é o día 23 de febreiro pero imos celebralo durante toda a semana facendo diferentes actividades sendo unha parte moi importante dirixidas ao sector educativo” salientou a técnica de Normalización Lingüística.

O alcalde, Luís Pérez Barral debullou polo miúdo os seis eventos programados para o Día de Rosalía: “temos actividades para todos os públicos xa que para rapaces e rapazas teremos un obradoiro de narración oral, un recital poético e un obradoiro de pandeireta; para a mocidade haberá un concerto e para as persoas adultas regalaremos flores e libros o día 21 ou degustaremos un caldo de gloria o domingo 23 de febreiro”.

Pérez Barral resaltou a colaboración xunto coa Fundación Rosalía nun par de actividades especiais “un acto institucional na mañá do día 19  ás 12.30 h da mañá, na Casa da Xuventude onde se fará a plantación da “Figueira de Rosalía” que doa a Fundación Rosalía de Castro. Neste evento tamén estará o seu presidente, Anxo Angueira, para afianzar ese irmandamento  entre o Concello de Ribeira e a Fundación Rosalía de Castro”. Outra colaboración será a degustación do Caldo de Gloria o domingo 23 nos diferentes establecementos de hostalería de Ribeira a quen o rexedor agradeceu a súa colaboración “por promocionar un día tan importante como é o de Rosalía de Castro”.

O rexedor falou da necesidade de poñer en valor a nosa lingua “sobre todo nun momento onde o datos estadísticos están demostrando que se deben aprobar medidas que fomenten o uso da lingua galega e fomenten a transmisión xeracional por parte de pais e nais a fillos e fillas” e engadiu “queremos potenciar o uso do galego en tódolos ámbitos e dende o Concello de Ribeira estamos traballando firmemente para que a lingua galega sexa unha lingua de uso habitual. Neste sentido informou de que dende o Servizo de Normalización Lingüística trabállase para que calquera persoa independentemente da súa condición e da súa nacionalidade poda vivir integramente en lingua galega”.