PROXECTO DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO E XESTION DE RECURSOS SOCIAIS

PROXECTO DE INFORMACIÓN, ASESORAMENTO E XESTION DE RECURSOS SOCIAIS

Prestacions Social de Información, Orientación e Asesoramento

A través deste servicio proporcionase  atencións de carácter informativo e de intervención social, dirixidas á poboación en xeral e a sectores con necesidades especificas, sobre prestacións e servizos do Sistema Público de Servizos Sociais e doutros sistemas de protección social: seguridade social, vivenda, educación, saúde, emprego, administración civil e de xustiza etc.

Proporciónase información específica ás persoas e/ou familias co fin de orientar e asesorar sobre as prestacións e os recursos propios do sistema público de servizos sociais e Información, orientación e asesoramento en materia de dependencia

A información ás persoas usuarias iníciase cunha demanda nas unidades de atención social que xeralmente atenden as/os auxiliares de atención ao cidadán e as traballadoras sociais.

Información do seu interese

  • Este programa/servizo ofrece a primeira atención aos cidadáns e ás cidadás a través da axuda profesional que prestan as traballadoras sociais.
  • a atención iníciase cunha consulta ou unha demanda de cada persoa coa acollida por un traballador social de referencia. Esta atención é individual ou familiar e ten como finalidade escoitar e analizar a súa demanda, as súas necesidades sociais e mobilizar os recursos dispoñibles máis adecuados a cada situación ou problemática social.
  • Toda a información é persoal e /ou familiar e garántese a privacidade, o respecto á intimidade e á capacidade de decisión de cada persoa.

OBXECTO:

  • Facilitar información e garantir o dereito de acceso universal ao sistema galego de servizos sociais a todas as persoas.
  • Estudar, valorar e avaliar as situacións de necesidade dando acceso e xestionando os recursos propios do sistema de servizos sociais, así como dirixir e orientar, se é o caso, as demandas a outros recursos específicos ou especializados.

A quen vai dirixido?:

A poboación en xeral do concello de Ribeira .

Recursos humanos:

  • EQUIPO DE ATENCION SOCIAL formado por equipo estructural : 1traballadora social ,directora e coordinadora do servizo,  2 auxiliares administrativos persoal de atención á ciudadanía , 5 traballadoras sociais, 1 educadora social, 1 psicóloga, 1 pedagogo e 1 Animadora sociocultural, 5 auxiliares de axuda no fogar, 1 psicóloga  ademáis de persoal discontinuo para desenvolvemento de proxectos sociais o longo do ano.

RECURSOS MATERIAIS:

Disposición dos requisitos materiais establecidos no art. 7.1 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo:

  • Espazos separados que permiten a privacidade nas entrevistas e reunións necesarias para a intervención social individualizada
  • Espazos de reunións grupais
  • Atención adaptada para persoas con mobilidade reducida
  • Conexión telefónica e rede de Internet
  • Medios e dispositivos para o arquivo e custodia dos expedientes de acordo cos requisitos de confidencialidade da normativa de aplicación sobre protección de datos de carácter persoal

Máis información/NORMATIVA DE REFERENCIA:

Funcións: arts. 8.d), 8.g) e 8.i) do Decreto 99/2012, do 16 de marzo

Programa/servizo: art. 9.1.a) do Decreto 99/2012, do 16 de marzo

Natureza e contido: arts. 11 e 12 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo